![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c7/Phosphatidyl-ethanolamine.svg/langgl-640px-Phosphatidyl-ethanolamine.svg.png&w=640&q=50)
Fosfatidiletanolamina
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
A fosfatidiletanolamina (PE), tamén chamada cefalina (non confundir co alcaloide cefaelina) é un fosfolípido do grupo dos fosfoglicéridos presente nas membranas celulares, un dos máis abundantes nos tecidos humanos. Está composta por un glicerol esterificado nos hidroxilos 1 e 2 por dous ácidos graxos, e no hidroxilo 3 por un grupo fosfato que, á súa vez, se esterifica co aminoalcohol etanolamina [1][2].
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c7/Phosphatidyl-ethanolamine.svg/640px-Phosphatidyl-ethanolamine.svg.png)
A fosfatidiletanolamina presenta xeralmente ácido palmítico, ácido esteárico ou ácido oleico en posición 1 e un ácido graxo poliinsaturado de cadea longa, como o ácido araquidónico, en posición 2. É, xunto coa fosfatidilcolina, un dos fosfolípidos máis frecuentes na bicapa lipídica das membranas celulares.[3]