mestre, xornalista e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco María de la Iglesia González[1], nado en Santiago de Compostela o 2 de febreiro de 1827 e finado na Coruña o 5 de abril de 1897, foi un rexionalista galego, mestre, xornalista, poeta e dramaturgo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de febreiro de 1827 Santiago de Compostela, España |
Morte | 5 de abril de 1897 (70 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , escritor , xornalista , poeta |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Fillos | Alfredo de la Iglesia, Santiago de la Iglesia Santos, Álvaro de la Iglesia |
Irmáns | Antonio María de la Iglesia e Benigno de la Iglesia González |
Francisco María de la Iglesia cursou na súa cidade natal os estudos de Maxisterio, trasladándose á Coruña para exercer de mestre municipal. Nesa cidade entrará en contacto con Emilia Pardo-Bazán e rexionalistas como Uxío Carré Aldao ou os irmáns Gil-Taboada, cos que colaborará en diversos proxectos.[2]
Na Coruña exercerá o seu labor editorial e literario. En 1856 fundou e dirixiu El Diario de Galicia, colaborou en El Defensor de Galicia e El Fomento de Galicia. Dende 1868 dirixiu o Diario de La Coruña e en 1863 a revista Galicia. Revista Universal de este Reino, que publicaría ata 1865 xunto co seu irmán Antonio, coa colaboración frecuente dun terceiro irmán, Benigno, tamén poeta. Tamén colaborou en El Anunciador.
Publicou varios poemas no Mosaico poético de nuestros vates gallegos contemporáneos, editado polo seu irmán Antonio e que pasou a formar parte do Álbum de la Caridad (1862), publicado tras celebrarse os Xogos Florais da Coruña en 1861.
Como escritor dramático é o pai do teatro galego non popular, ao estrear con ruidento aprauso a súa peza A fonte do xuramento o 13 de agosto de 1882 no Liceo Brigantino da Coruña, e con millor trunfo no Teatro Principal o 22 de outubro. De feito, foi Francisco María de la Iglesia o primeiro autor que viu a necesidade de crear un teatro galego. Tanto era así que os seus correlixionarios (que non vían tal necesidade) rebautizárono co alcume de "Capitán Araña" (parafuseiro, enguedellante, embrullador,...), acusándoo de querer falar no gabinete como se fai na aldea.
Foi pai de Santiago, médico, Álvaro e Alfredo de la Iglesia, escritores.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.