Gioconda Belli
escritora nicaraguana / From Wikipedia, the free encyclopedia
Gioconda Belli, nada en Managua o 9 de decembro de 1948 é unha poeta, novelista e activista nicaraguana. A súa obra literaria caracterízase polo seu compromiso político e por rescatar e profundar no universo feminino, reivindicando o papel das mulleres na sociedade e na construción da cultura.[1] En 1972, co seu primeiro libro Sobre la grama, revoluciona a poesía centroamericana ao abordar sen andrómenas o corpo e a sexualidade feminina. O seu activismo levoulle a militar na Fronte Sandinista de Liberación Nacional (FSLN), e a ocupar durante un tempo ( de 1979 a 1994) cargos de responsabilidade toda vez que os sandinistas derrocaron a Somoza.[2]
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | (es) Gioconda Belli Pereira |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 9 de decembro de 1948 (75 anos) Managua, Nicaragua |
Datos persoais | |
Residencia | Santa Monica |
País de nacionalidade | Nicaragua (–2023) Chile (2023–) Italia España |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Ocupación | poetisa , escritora , autora de diarios , xornalista , activista |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá e lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parentes | Matías Moldskred (sobriño) |
Premios
| |
Páxina web | giocondabelli.org |
Pechar