químico italiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Giulio Natta, nado o 26 de febreiro de 1903 en Porto Maurizio, actual Imperia (Italia) e finado o 2 de maio de 1979 en Bérgamo (Italia), foi un químico e profesor universitario italiano galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1963.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de febreiro de 1903 Port-Maurice, Italia (pt) |
Morte | 2 de maio de 1979 (76 anos) Bérgamo (Italia) |
Causa da morte | párkinson |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia (1946–1979) Reino de Italia (1903–1946) |
Educación | Universidade Politécnica de Milán |
Actividade | |
Campo de traballo | Química orgánica |
Lugar de traballo | Pavia Milán Turín Roma |
Ocupación | químico , inventor , profesor universitario |
Empregador | Universidade Politécnica de Milán Universidade de Milán Universidade de Pavia (pt) Universidade de Roma La Sapienza Universidade politécnica de Turín |
Membro de | |
Lingua | Lingua italiana |
Premios | |
Páxina web | giulionatta.it |
Diplomado con apenas 16 anos no Liceo-Ginnasio Cristoforo Colombo de Xénova doutorouse en 1924 en enxeñería química no Instituto Politécnico de Milán. En 1933 foi nomeado profesor de química na Universidade de Pavia, en 1935 o foi da Universidade de Roma, entre 1936 e 1938 do Instituto Politécnico de Química Industrial de Turín e finalmente en 1938 xefe do departamento de enxeñería química do Instituto de Milán.
As súas primeiras investigacións culminaron en novos métodos de sínteses do metanol, pero a partir de 1950 dedicouse case exclusivamente á química dos altos polímeros. En 1954 conseguiu manufacturar polipropileno cunha alta cristalización fraccionando mesturas amorfas, sendo denominado "isotáctico" pola simetría espacial da súa estrutura molecular.
Continuando os seus estudos sobre os polímeros macromoleculares, contribuíu de xeito extraordinario ao actual coñecemento do mecanismo de acción dos catalizadores estereoespecíficos e dos polímeros de estrutura espacial de gran regularidade.
En 1963 foi galardoado, xunto ao químico alemán Karl Ziegler, co Premio Nobel de Química polo seu traballo no estudo de catalizadores para a polimerización estereoselectiva de polialquenos terminais, os chamados Catalizadores Ziegler-Natta.
Predecesor: John Cowdery Kendrew e Max Ferdinand Perutz |
Premio Nobel de Química 1963 compartido con Karl Ziegler |
Sucesor: Dorothy Crowfoot |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.