GoPro
From Wikipedia, the free encyclopedia
GoPro, Inc.[1] (antes chamada Woodman Labs, Inc) é unha compañía estadounidense que desenvolve, produce e vende cámaras persoais de alta definición, que son empregadas na fotografía de acción extrema. Son cámaras compactas, lixeiras, resistentes e poden axustarse en vehículos. Capturan fotos e vídeos en HD a través dun obxectivo grande angular, e poden ser configuradas para funcionar de xeito automático cunha intervención mínima, ou controladas remotamente.
Datos rápidos Fundación, Localización ...
GoPro | |
---|---|
Fundación | 2002 |
Localización | San Mateo, California, Estados Unidos |
Fundador | Nick Woodman |
Persoas clave | Nick Woodman (CEO) Tony Bates (President) |
Industria | Electrónica |
Produtos | Cámaras dixitais |
Na rede | |
http://www.gopro.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
A sede da empresa atópase en San Mateo, California.