Gong Li
actriz de orixe chinesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Gong Li (en chinés 鞏俐), nada en Shenyang (República Popular da China) o 31 de decembro de 1965, é unha actriz chinesa que desde 2008 ten a nacionalidade singapurense.[1] Obtivo o recoñecemento internacional polas súas colaboracións frecuentes co director chinés Zhang Yimou e gañou a Copa Volpi no Festival de Cine de Venecia na categoría de mellor actriz polo seu desempeño na película de 1992 Qiu Ju da guan si. É recoñecida como unha das celebridades responsables da popularidade do cine chinés en Europa e América do Norte.[2] En 2006 foi votada como a muller máis fermosa da China.[3][4]
Nome orixinal | (zh-hant) 鞏俐 (zh-hans) 巩俐 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 31 de decembro de 1965 (58 anos) Shenyang (República Popular da China) |
Membro do Comité Nacional da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés | |
1998 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Singapur (2008–) República Popular da China (1965–2008) |
Educación | Central Academy of Drama (en) (1985–) |
Altura | 1,6 m |
Cor dos ollos | Castaño |
Cor do pelo | Pelo negro |
Actividade | |
Ocupación | actriz , actriz de cinema |
Período de actividade | 1987 - |
Lingua | Lingua chinesa e lingua francesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Jean-Michel Jarre (2019–) Ooi Hoe Seong (1996–2010), divorcio |
Parella | Zhang Yimou |
Premios
| |
|
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Desde moi nova quixo ser actriz, e na escola destacou no canto e a danza, ata o punto de chegar a excluír outras materias. A pesar de ser suspendida nos exames en dúas ocasións foi aceptada na Escola Central de Arte Dramática de Pequín, onde se graduó. Era aínda estudante cando o director Zhang Yimou escolleuna en 1987 para o papel protagonista na súa primeira película como director, Hong gao liang, coa que obtivo o Oso de Ouro no Festival de Cine de Berlín.
Gong gañou numerosos premios polo seu desempeño como actriz; gañou o Premio do Círculo de Críticos de Cinema de Nova York na categoría de mellor actriz de repartición polo seu traballo no filme Adeus á miña concubina (1993) e o Premio do Consello Nacional de Crítica de Cinema na mesma categoría por Memorias dunha gueixa (2005). Gañou ademais dous premios Golden Rooster, un premio Hundred Flowers e un trofeo no Festival de Cannes. Ademais das mencionadas, Li apareceu noutras producións cinematográficas notables como Ju Dou (1990), Dà Hóng Dēnglóng Gāogāo Guà (1991), 2046 (2004), Miami Vice (2006) e Hannibal Rising (2007).
Li especialízase en personificar mulleres con personalidades contrapostas entre o ben e o mal.