Ju Dou
filme de 1990 dirixido por Zhang Yimou e Yang Fengliang / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ju Dou (en chinés: 菊豆) é un filme chinés-xaponés de 1990 dirixido por Zhang Yimou e Yang Fengliang (aínda que é case universalmente considerado como un produto da visión de Zhang como director) e protagonizado por Gong Li. Salienta por ser un filme creado en Technicolor moito tempo após o proceso fose abandonado nos Estados Unidos.[4][5] Foi o primeiro filme chinés en ser nomeado para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, na 63ª edición dos premios.[6][7]
Ju Dou | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 菊豆 |
Director |
|
Produtor |
|
Baseado en | Fuxi Fuxi de Liu Heng[2] |
Intérpretes |
|
Música | Zhao Jiping[3] |
Montaxe | Du Yuan[3] |
Estudio |
|
Distribuidora | Daiei (Xapón)[3] |
Estrea | 1990 |
Duración | 95 minutos[3] |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Drama |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() |
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O filme é unha traxedia, centrándose na personaxe de Ju Dou, unha muller nova e fermosa que é vendida como esposa a Jinshan, un vello tinguidor de teas. A historia está baseada nunha novela, Fuxi Fuxi de Liu Heng.[8]
O filme foi prohibido durante uns poucos anos na China, mais a prohibición foi finalmente levantada[9] e o goberno chinés deu permiso para a súa proxección en xullo de 1992.[10]