Adeus á miña concubina
filme de 1993 dirixido por Chen Kaige / From Wikipedia, the free encyclopedia
Adeus á miña concubina[1] (en chinés: 霸王別姬; Bàwáng Bié Jī) é un filme de 1993 dirixido por Chen Kaige e protagonizado por Leslie Cheung, Gong Li e Zhang Fengyi. Foi adaptado por Lu Wei a partir da novela de Lilian Lee, e o filme está ambientado nunha politicamente nunha convulsa China do século XX, dende os primeiros tempos da República ata as consecuencias da Revolución Cultural. Narra as problemáticas relacións entre dous actores da Ópera de Pequín e os amigos de toda a vida Cheng Dieyi (Cheung) e Duan Xiaolou (Zhang), e a muller de Xiaolou Juxian (Gong).
Adeus á miña concubina | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 霸王別姬 Bàwáng Bié Jī |
Director | Chen Kaige |
Produtor | Hsu Feng |
Guión | Lu Wei Lilian Lee |
Baseado en | Qiuhaitang (秋海棠) de Qin Shouou |
Intérpretes |
|
Música | Zhao Jiping |
Fotografía | Gu Changwei |
Montaxe | Pei Xiaonan |
Estudio | Beijing Film Studio |
Distribuidora | Miramax Films (USA) |
Estrea | 1 de xaneiro de 1993 |
Duración | 171 minutos |
Orixe | Hong Kong China |
Xénero | Drama histórico |
Recadación | 5 216 888 dólares (só nos Estados Unidos) |
Na rede | |
http://www.miramax.com/movie/farewell-my-concubine | |
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Adeus á miña concubina estreouse o 1 de xaneiro de 1993 en Hong Kong. Recibiu moi boas valoracións por parte da crítica contemporánea e gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes, premio que compartiu con The Piano, converténdose no primeiro filme en lingua chinesa en acadar este galardón. Foi escollido como candidato de Hong Kong ó Óscar ó mellor filme internacional na 66ª edición dos premios, sendo un dos filmes nomeados desa edición.