Gran Premio de Australia de 2000
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Australia de 2000 (oficialmente LXV Qantas Australian Grand Prix) foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 12 de marzo de 2000 en Melbourne, Australia. Foi a primeira carreira do Campionato Mundial de Fórmula Un de 2000[2] e a 65ª carreira na historia combinada do Gran Premio de Australia que data do 100 Miles Road Race de 1928. A carreira disputada en 58 voltas ao circuíto de 5´3 quilómetros foi a oitava vez que se celebrarou no Albert Park, usado por primeira vez en 1953 e a quinta desde que o novo circuíto acolleu a carreira en 1996. A carreira gañouna Michael Schumacher para o equipo Ferrari logo de comezar na terceira posición. O novo compañeiro de Schumacher para a tempada de 2000, Rubens Barrichello terminou segundo no outro Ferrari, con Ralf Schumacher terceiro para Williams-BMW.[3]
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 1 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2000. | ||
Trazado do circuíto de Adelaide. | ||
Data | 12 de marzo 2000 | |
Nome oficial | LXV Qantas Australian Grand Prix | |
Localización | Circuíto de Melbourne Melbourne, Australia | |
Percorrido | Circuíto urbano 5´303 km | |
Distancia | 58 voltas, 307´574 km | |
Clima | Asollado, 20 °C | |
Pole position | ||
Piloto | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes |
Tempo | 1:30.556[1] | |
Volta rápida | ||
Piloto | Rubens Barrichello | Ferrari |
Tempo | 1:31.481 na volta 41 | |
Podio | ||
Primeiro | Michael Schumacher | Ferrari |
Segundo | Rubens Barrichello | Ferrari |
Terceiro | Ralf Schumacher | Williams-BMW |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Mika Häkkinen comezou na pole position nun McLaren, co seu compañeiro de equipo David Coulthard xunto a el, pero ambos se retiraron con fallos na válvula pneumática.[4] Tres pilotos fixeron o seu debut no Gran Premio, o futuro campión mundial Jenson Button nun BMW-Williams, Nick Heidfeld nun Prost Grand Prix e Gastón Mazzacane nun Minardi. Mazzacane e Button retiráronse da súa carreira de debut, e Heidfeld terminou noveno, dúas voltas por detrás.[3][5]