![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/63/Batalla_entre_Mapuches_Espa%25C3%25B1oles.jpg/640px-Batalla_entre_Mapuches_Espa%25C3%25B1oles.jpg&w=640&q=50)
Guerra de Arauco
From Wikipedia, the free encyclopedia
A guerra de Arauco[1] foi un prolongado conflito bélico que enfrontou os hispano-crioulos do entón chamado reino de Chile -pertencente ao Imperio Español-, contra o pobo mapuche, e algúns aliados como os huilinches, picunches, pehuenches e os cuncos.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/63/Batalla_entre_Mapuches_Espa%C3%B1oles.jpg/640px-Batalla_entre_Mapuches_Espa%C3%B1oles.jpg)
O escenario da zona do conflito tiña unha notoria extensión que comprende entre o río Biobío e o Seno de Reloncaví, máis concretamente entre Concepción e a zona costeira da actual VIII Rexión do Biobío e a IX Rexión da Araucanía.
O conflito tivo unha duración dun lapso próximo aos tres séculos (1536-Independencia de Chile), mais con diferentes graos de intensidade, chamándose guerra armada. Como consecuencia deste conflito, xurdiu o conflito chileno-mapuche máis coñecido como "Pacificación da Araucania".