From Wikipedia, the free encyclopedia
Haldan Keffer Hartline, nado o 22 de decembro de 1903 en Bloomsburg (Pensilvania) e finado o 17 de marzo de 1983 en Fallston (Maryland), foi un fisiólogo estadounidense, cogañador canda George Wald e Ragnar Granit, en 1967 do Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina polo seu traballo de análise dos mecanismos neurofisiolóxicos da visión.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de decembro de 1903 Bloomsburg, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 17 de marzo de 1983 (79 anos) Fallston, Estados Unidos de América (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Lafayette College (en) Johns Hopkins School of Medicine (en) Universidade Johns Hopkins |
Director de tese | August Herman Pfund (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Fisioloxía, Neurobioloxía, bioloxía, neurociencia, medicina e neuroloxía |
Ocupación | fisiólogo , neurólogo , médico , neurocientífico , biólogo |
Empregador | Universidade Cornell Universidade Rockefeller Universidade Johns Hopkins Johns Hopkins School of Medicine (en) |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Doutorando | Charles F. Stevens (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Elizabeth K. Hartline |
Premios
|
Hartline empezou os seus estudos sobre electrofisioloxía da retina como un bolseiro do "National Research Council Fellow" na Universidade Johns Hopkins de Baltimore. Despois de asistir ás universidades de Leipzig e de Múnic como investigador estudante de Eldridge Johnson, alcanzou o cargo de profesor de biofísica e presidente do Departamento de Johns Hopkins en 1949. Un dos estudantes graduados de Hartline na Johns Hopkins, Paul Greengard, tamén gañaría despois o Premio Nobel. Hartline uniuse ao staff da Universidade Rockefeller de Nova York en 1953, como profesor de neurofisioloxía.
Hartline investigou as respostas eléctricas da retina de certos artrópodos, vertebrados, e moluscos, debido a que os seus sistemas visuais son moito máis simples que os dos humanos e é máis fácil estudalos. Concentrou os seus estudos no ollo do cangarexo ferradura (Limulus polyphemus). Usando eléctrodos de minute nos seus experimentos, obtivo o primeiro rexistro dos impulsos eléctricos enviados por unha simple fibra de nervio óptico cando os receptores conectados a esta son estimulados por luz.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.