Helibras ou Helicópteros do Brasil S.A. é un fabricante brasileiro de helicópteros filial de Airbus Helicopters.[1] Helibras fabricou máis de 700 helicópteros, sendo o 70% deles Eurocopter AS350 Écureuil (coñecidos en portugués como Esquilos). O 10% da produción total expórtase a países de Latinoamérica como a Arxentina, Bolivia, Chile, México, Paraguai, o Uruguai, e Venezuela. Helibras lidera o mercado brasileiro de helicópteros de turbina en operación, cun 54% de cota no mercado civil, e un 66% no mercado militar.

Datos rápidos Fundación, Matriz ...
Helibras
Thumb
Fundación1978
MatrizAirbus Helicopters
LocalizaciónItajubá, Minas Gerais
Industriaaeroespacial, defensa
Produtoshelicópteros, compoñentes de avións, sistemas de misión para operacións terrestres e aéreas
Número de empregados500
Na rede
http://www.helibras.com.br
Youtube: UC9iy3t6u152ElP7e8mTQC0A Editar o valor en Wikidata
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Historia

Helibras fundouse o día 1 de xaneiro de 1978 en São José dos Campos, no estado de São Paulo. Dende 1980 a compañía atópase en Itajubá, unha cidade e municipio no suroeste do estado de Minas Xerais. Anteriormente Helibras era propiedade conxunta de MGI Participações (propiedade do goberno do estado de Minas Xerais), Bueninvest e Eurocopter. En 2006 Helibras pasou a ser totalmente propiedade de Eurocopter (agora Airbus Helicopters), que á súa vez era propiedade do Airbus Group.[2] Helibras é o único fabricante de helicópteros de América Latina.

O modelo de helicóptero máis producido por Helibras é o Eurocopter AS350 Écureuil, representando un 70% dos aparellos fabricados pola firma. Brasil ten sido un gran mercado para o AS350, con máis de 300 unidades operando no ano 2011 ao longo de todo o país, incluídos no portaavións brasileiro São Paulo.[3] Dende 1984 a Armada do Brasil usou os AS350 para apoiar o Programa Antártico Brasileiro. En xaneiro de 2011 Helibras asinou un contrato co Exército do Brasil para mellorar substancialmente a súa frota de 36 AS350 Ecureuil.

Thumb
EC725 brasileiro

O Eurocopter AS565 Panther foi outro deseño licenciado producido localmente por Helibras. En 1988 o Comando de Aviación do Exército do Brasil recibiu os seus primeiros Panther. En xaneiro de 2010 Helibras recibiu un contrato para actualizar 34 AS365K Panther ao novo estándar AS365 K2.[4] Entre os cambios no Panther K2 inclúense novos motores Turbomeca Arriel 2C2CG que producen un 40% máis de potencia, unha cabina de cristal con nova aviónica e sistemas de radio, un piloto automático de catro eixos, un novo radar meteorolóxico, compatibilidade NVG, e medidas para reducir a carga de traballo do piloto, ampliando a vida de servizo dos helicópteros 25 anos máis.[5] En marzo de 2014 os primeiros dous Panther K2 foron entregados ao Exército do Brasil.[6] En setembro de 2014 o Panther K2 pasou a súa avaliación técnica operativa.[7]

En setembro de 2008 o goberno do Brasil anunciou que a fábrica de Helibras en Itajubá produciría un pedido inicial de 50 Eurocopter EC725 un valor de 1 000 millóns de dólares.[8][9] Eses 50 helicópteros eran para a Armada, a Forza Aérea e o Comando de Aviación do Exército.[10] En decembro de 2010 tres helicópteros realizaron probas de voo antes de entrar en servizo militar. En 2012 Helibras comezou a montar o resto do pedido.[11] En abril de 2014 Helibras e MBDA estaban en proceso de integrar o mísil antibuque Exocet, do cal o 50% é fabricado no Brasil.[12] O 19 de xuño de 2014 a Armada do Brasil aceptou formalmente a entrega do primeiro EC725.[13] En xullo de 2015 as forzas armadas brasileiras recibiran 16 H225M, e as entregas continuarían ata 2019.[10] O 1 de outubro de 2015 a frota de H225M do Brasil chegou ás 10 000 horas de voo.[14] En decembro de 2015 Helibras entregou o dous primeiros H225M cun estándar de capacidade operativa total (FOC) aos militares brasileiros.[15]

Produtos

Thumb
Esquilo da Marinha do Brasil

Civís

Militares

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.