alta funcionaria e diplomática estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Henrietta Holsman Fore, nada en Chicago, Illinois, o 9 de decembro de 1948, é unha alta funcionaria e diplomática estadounidense, que foi directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos (2001-2005) e directora executiva de UNICEF (2018-2022).
Henrietta H. Fore Directora da US Mint (2001-2005) Directora executiva de UNICEF (2018-2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de decembro de 1948 (76 anos) Chicago. Illinois. Estados Unidos |
Executive director (en) UNICEF | |
1 de xaneiro de 2018 – | |
Under Secretary of State for Management (en) | |
2 de agosto de 2005 – 15 de novembro de 2007 | |
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos | |
2001 – 2005 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estadounidense. |
Educación | Wellesley College. Universidade de Colorado do Norte. |
Actividade | |
Ocupación | Diplomática e alta funcionaria dos EEUU. |
Empregador | UNICEF (2018–) ONU |
Participou en | |
20 de xaneiro de 2020 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2020 |
22 de xaneiro de 2019 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2019 |
23 de xaneiro de 2018 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2018 |
IMF 2019 Annual Meetings (en) | |
Fore naceu en Chicago o 9 de decembro de 1948,[1] filla de nai sueca e de pai estadounidense, participante na primeira guerra mundial.[2]
En 1966, Fore graduouse de ensino secundario na institución privada Baldwin School, en Bryn Mawr, Pensilvania. Posteriormente ingresou no Wellesley College, onde en 1970 acadou a súa graduación en Historia, Economía e Arte.[2] En 1975 obtivo un mestrado en Administración pública na Universidade de Colorado do Norte[3] En 1986 estudou Política Internacional na Universidade de Oxford e o ano seguinte formouse tamén na Escola de Negocios da Universidade Stanford.[4]
Logo do período universitario, Fore comezou a traballar no Goberno federal dos EEUU, e tamén nunha empresa familiar, un pequeno negocio de fabricación no sector do aceiro, ao que estivo vinculada durante 12 anos.[2] Desde 1977 a 1989 foi a presidenta e directora de Stockton Wire Products en Burbank, California. Entre 1981 e 1989 presidiu tamén o consello de administración de Pozacorp, Inc., na mesma localidade.[5]
O 3 de outubro de 1991 foi nomeada administradora axudante da Axencia para o Desenvolvemento internacional.[1] Entre 1993 e 2017 foi tamén a presidenta da corporación de investimentos Holsman International.[3]
En agosto de 2001, o presidente George W. Bush nomeou a Henrietta H. Fore como trixésimo sétima directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos (US Mint), a sexta muller en ocupar o posto.[4][6] Permaneceu no cargo ata agosto de 2005.[3][7]
Entre 2005 e 2007, Fore ocupou o posto de subsecretaria de Estado de Xestión e directora de operacións do Departamento de Estado dos Estados Unidos.[3]
De 2007 a xaneiro de 2009, foi nomeada administradora da Axencia dos EEUU para o Desenvolvemento Internacional (USAID, polas súas siglas en inglés),[5] e directora de Asistencia Exterior dos EEUU, cun rango equivalente ao dunha Subsecretaría de Estado.
En xaneiro de 2018, Fore ingresou na organización UNICEF como a súa nova directora executiva.[8] Nesta condición, Fore traballou en colaboración coa Coalición para as Innovacións na Preparación ante Epidemias (GAVI, polas súas siglas en inglés), e coa Organización Mundial da Saúde, entre outros organismos, para facilitar a vacinación contra a pandemia de COVID-19.[2] Fore dimitiu do seu cargo en UNICEF a finais de 2021 para atender un grave problema de saúde do seu marido.[2]
Ao longo da súa carreira profesional, Henrietta H. Fore formou tamén parte da direccióne de diversas empresas e outras entidades tanto estadounidenses e como internacionais; entre outras, presidiu a Asia Society e a Middle East Investment Initiative, copresidiu a Women Corporate Directors e integrou os consellos de administración do Center for Strategic and International Studies (CSIS), o Aspen Institute, o Committee Encouraging Corporate Philanthropy (CECP), o Center for Global Development (CGD) e a Overseas Private Investment Corporation. [3]
Fore casou, durante o seu derradeiro curso na universidade, con Richard L. Fore, con quen ten catro fillos.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.