Hispano-Suiza
empresa de automóbiles de luxo e competición / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Hispano-Suiza é unha empresa de automóbiles de luxo e competición que tivo tamén unha vertente nos deseños de motores para a aviación, vehículos de transporte e ata vehículos bélicos e armas. A marca naceu en 1904 a cargo dos empresarios cataláns Damián Mateu e Francisco Seix xunto ao enxeñeiro suízo Marc Birkigt. A empresa tivo un gran desenvolvemento durante as décadas 2ª e 3ª do século XX; porén, por mor da guerra civil española (1936-1939), a marca comezou a ter dificultades económicas.
Hispano-Suiza | |
---|---|
Logo da compañía | |
Tipo | Empresa pública |
Fundación | 14 de xuño de 1904; refundada en 2019 |
Matriz | Grup Peralada (actualidade) |
Localización | Barcelona, España |
Fundador | Damián Mateu, Francisco Seix e Marc Birkigt |
Persoas clave | Marc Birkigt (primeiro director técnico) Damián Mateu (primeiro presidente) Miguel Suqué Mateu (presidente actual)[1] |
Industria | Automóbil |
Produtos | Automóbiles e motores |
Na rede | |
https://www.hispanosuizacars.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 1923, a súa filial francesa converteuse nunha sociedade semi-autónoma coa matriz española. En 1946, a casa matriz española foi nacionalizada polo INI (Instituto Nacional de Industria). Trala nacionalización creouse ENASA, que se dedicou á fabricación de camións, autobuses e —durante uns poucos anos— automóbiles deportivos baixo a marca Pegaso.[2]
En 1968, a rama francesa foi tomada pola compañía aeroespacial Snecma, agora parte do grupo francés Safran Group.[3] Hispano-Suiza deseñou o primeiro motor de 4 cilindros de 16 válvulas e o auto considerado como o primeiro automóbil deportivo, o Hispano-Suiza 45 Cr.[4]
En 2019 a Hispano-Suiza foi refundada polos herdeiros de Damián Mateu e lanzou ao mercado un modelo superdeportivo eléctrico chamado Carmen.