For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Santiago (nome).

Santiago (nome)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Guido Reni, Santiago o Maior, 1636-1638, o patrón de Galiza
Guido Reni, Santiago o Maior, 1636-1638, o patrón de Galiza

Santiago, Xácome ou Xacobe é un nome propio da onomástica galega que provén do hebraico יַעֲקֹב (Ia'akov), que significa (segundo a etimoloxía popular contida na Biblia) "sostido polo calcaño"[1]. Xacob foi o nome do patriarca que despois se chamou de Israel. O nome de Santiago ou Xacobe é típico en occidente, no mundo hebraico e no islámico. Iago, Xaime, Tiago e Diego son variantes galegas do nome.

Santoral

25 de xullo: Santiago Apóstolo, discípulo de Xesús Cristo, patrón de Galiza e de España. O 25 de xullo é tamén o día nacional de Galiza.

Toponimia

Santiago é o haxiotopónimo de numerosas vilas en Galiza: a máis coñecida, Santiago de Compostela, é a capital. O buscador de topónimos recolle 162 lugares co nome Santiago en Galiza, sen incluír microtopónimos[2]. Ademais multitude de parroquias teñen a Santiago coma padroeiro. Santiago o Maior é ademais o patrón de Galiza e de España.

Antroponimia

A forma galega antiga máis documentada é Xácome (grafado en galego antigo: Jácome) como aparece nun documento medieval de 1291 como apelido: Pedro Jacome, e como prenome en 1488: Jacome Notario, en 1467: Jacome Romeu, e en 1491: Jacome de Sanjurjo. Na poboación galega hebraica o abundante era a forma Jacó.

Hoxe en día son as formas Diego e Iago as máis empregadas nos nenos galegos, sendo o sexto e vixésimo primeiro nomes máis empregados respectivamente.

Santiago (cos hipocorísticos comúns Iago, Chago e Santi) é un nome moi popular en Galiza. En España éo especialmente en Castela e León, Galiza e A Rioxa. A variante Diego é a máis común de todas en Galiza, e as variantes Iago e a castelá Yago son case exclusivas nesta comunidade, mentres que as formas Xacobe, Xacobo e Xaime só aparecen en Galiza. A forma Tiago, popular en Portugal, tamén abunda máis en Galiza que noutras comunidades. A forma castelá Jacobo tamén aparece case practicamente só en Galiza[3].

Frecuencias das variantes do nome en Galiza

  • Diego: 12.812 varóns.
  • Santiago (e mais Santi, Chago e Iago): 9.587 varóns.
  • Jaime (variante castelá): 6.077 varóns.
  • Iago: 4.311 varóns.
  • Jacobo (variante castelá): 2.761 varóns.
  • Yago (variante castelá): 2.251 varóns.
  • Xacobe: 179 varóns.
  • Tiago: 143 varóns.
  • Xaime: 100 varóns.
  • Xacobo: 84 varóns.
  • Diogo (variante portuguesa): 20 varóns.
  • Xácome: 0 varóns[3].

Xacobe

Xacobe (tamén Xacobo, en portugués: Jacó ou Jacob, en castelán: Jacob ou Jacobo) é a forma máis achegada ao orixinal hebraico, cuxa pronunciación é Iaakov, pasou ao latín como Iacobus e de aquí á forma galega. A Biblia di que Xacob tiña a súa man no talón de Esaú. A palabra hebraica para "talón" é akev, e para "man" é yad, representada pola letra hebraica "y", que se pronuncia iod e que significa "man". É dicir, que o nome Xacob significa simplemente "man no talón".

De feito o seu nomeno hebraico ya'akov deriva dunha raíz hebraica que significa "protexer" polo que o seu nome tamén significaría "que Deus protexa" ou "Deus protexeu."

Santiago

É a segunda forma do nome máis común en Galiza tras Diego, e a forma máis común en español,[4][5] en honra a un dos apóstolos de Xesús, Ya'akov fillo de Zebedeo, coñecido como Santiago o Maior, patrón de Galiza[6].

En latín eclesiástico denominábaselle Sanctus Iacobus (literalmente "San Xacobe"), composto que pasou a Sant Iaco (Sant Iague ou Yagüe en castelán) para culminar como Sant Iago en galego. Por ser o berro da batalla dos cristiáns españois durante a Reconquista, popularizouse nunha soa palabra e non en dúas, pasando a ser un nome por dereito propio.

Iago

O nome Iago xurdiu tamén do latino Iacobus por caída da terminación -bus, entendida coma unha desinencia de dativo/ablativo plural, cando en verdade non o era, e así pasou ao galego, portugués, leonés e castelán. Malia a súa actual popularidade como nome galego non o foi tal no pasado, como nas épocas medievais e modernas, onde só atopamos Jacome (no galego actual sería Xácome).

Tiago

Contrariamente ao que normalmente di o senso común, o nome Tiago é, en verdade, unha corruptela de Iago. Xurdiu da aglutinación de dous elementos, Santo e Iago, que produciu Santiago. Á súa vez, ao se separar novamente a palabra Santo, xurdiu unha corruptela que despois viría a se tornar o nome Tiago, común especialmente en Portugal.

No Brasil é tamén moi común a versión "Thiago", derivada dunha falsa etimoloxía que atribuía o 'th' dunha suposta orixe grega iniciada coa letra θ, como é o caso do galego Tomé (en galego antigo Thomé).

Didacus

Unha etimoloxía erudita sostén que Diego procedería, porén, do latín Didacus, derivado á súa vez do grego Διδακμος (Didakmós, participio que significa "instruído"), a cal deu lugar a Dídaco (en catalán Dídac).

Porén, semella que Didacus nunca existiu no latín falado, máis ben se trata dunha latinización do propio Diego, a semellanza doutras semellantes, como Ludovicus, de Luís ou Lois (nome xermánico) ou Xaverius, de Xabier.

A súa presenza documental, en efecto —fóra dos nomes latinizados, como Didacus Roderici para Diego Rodríguez ou nun documento galego de 1137: Didacus Capas— é practicamente inexistente; é dicir que ninguén se chamou nunca Dídaco nin nada semellante antes de existir o nome Diego. Diego ademais non é patrón de ninguna parroquia galega, polo que non sería un nome galego.

Pola súa banda a heráldica adxudica ao apelido Diego un brasón cuartelado con dúas vieiras, símbolo do apóstolo Santiago. En consecuencia, a orixe de Diego en Tiago e antes Sant Iago semella evidente.

Diego

Diego, seica, deriva dunha incorrecta separación do nome Santiago, San Tiago (que deu tamén a variante galego-portuguesa Tiago) que por razóns de eufonía derivou en Diago e despois en Diego (Diogo en portugués).

O proceso de separación, estímase, foi o seguinte, aínda que a súa evolución foi moi amodo e non está completamente testemuñada Sant IagoSant TiagoTiagoDiagoDiego

Exemplos:

  • Et ueno M. Thome, maordomo del bispo, al día del plazo de Sant Yago & aduxo los alcaldes sobredichos... Anónimo, Documento de avinza. Castela, ca. 1230.
  • Rogamos asant clemente en cuyo día nasçiemos & asant illifonso cuyo nombre abemos. & asant tiago que es nuestro sennor & nuestro padron Fuero de Burgos, ca. 1290.
  • Título de vna fazannia Don del tiempo del Rey don alfonso el vyeio. Nunno el buenno & don diago gonçalez su hermano... Fuero de Burgos, ca. 1290.

Algúns lingüistas sustentan que Diego e a variedade lusa Diogo derivarían do latín Didacus. Desde os primeiros documentos latino-galaico-portugueses escritos desde o 882, o nome vén documentado a través das formas "Didaco", "Didagu", "Diaco" e "Diago" que foron abonadas amplamente en documentación da Idade Media.

Algunhas fontes pouco precisas presentan o nome Diego coma un nome illado, dándolle falsos significados como "belo" e até mesmo como unha variante de demo.[7]

Xácome e Xaime

A forma Xácome é a máis documentada no galego antigo (grafándose como Jacome); viría do latín Iacomus, unha variante dialectal occitana de Iacobus que daría orixe aos James e Gemmes (hoxe en desuso) do francés antigo, ao Jaume catalán e ao Jaime castelán e galego-portugués, que pasaría ao Xaime galego actual.

Nun documento medieval galego de 1291 xa aparecía o apelido Jácome: Pedro Jacome, e como nome en 1488: Jacome Notario e en 1467: Jacome Romeu. Actualmente [cando?] ningún galego porta este nome, aínda que si atopamos 126 persoas co apelido, especialmente nas provincias de Pontevedra e Ourense[8].

Xosé Díaz Jácome, nado en Mondoñedo en 1910 foi un xornalista e escritor galego. O Concello de Mondoñedo e a Fundación Caixa Galicia convocan anualmente desde 2000 o premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores co obxectivo de estimular a creación poética entre a xente nova.

Variantes noutras linguas

Notas

  1. Xénese 25:26
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2014. Consultado o 07 de xaneiro de 2014. 
  3. 3,0 3,1 Instituto Nacional de Estadística - http://www.ine.es/daco/daco42/nombyapel/nombyapel.htm
  4. Domínguez García, Javier: Memorias del futuro. Ideología y ficción en el símbolo de Santiago Apóstol. Iberoamerica Editorial Vervuert, 2008.
  5. Datos do censo español (Fonte: INE).
  6. http://etimologias.dechile.net/?Santiago
  7. "diogo", in Dicionário Priberam da Língua Portuguesa em linha, 2010. Consultado o 12-03-2013.
  8. Instituto Nacional de Estadística - http://www.ine.es/apellidos/formGeneralresult.do?vista=1

Véxase tamén

Bibliografía

{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Santiago (nome)
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.