A Illa de Arousa

concello da comarca do Salnés, na provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia

A Illa de Arousamap

A Illa de Arousa é unha illa e concello da provincia de Pontevedra, situada no interior da ría de Arousa. Segundo o IGE en 2021 tiña 4951 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é arousán/arousana e tamén Carcamán.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Modelo:Xeografía políticaA Illa de Arousa
Thumb
Thumb
Thumb

Localización
Thumb Editar o valor en Wikidata Thumb
 42°33′16″N 8°51′50″O
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
CapitalArousa Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación4.876 (2023) Editar o valor en Wikidata (696,57 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie7 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude9 m Editar o valor en Wikidata
Organización política
 Alcalde da Illa Editar o valor en WikidataLuís Arosa Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais na Illa de Arousa Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36626 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE36901 Editar o valor en Wikidata

Páxina webailladearousa.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4666576
Pechar

Poboación

A poboación da Illa de Arousa mantense bastante estable nos últimos anos sobre os cinco mil habitantes[1].

Máis información Censo total, en 2015, 4956 habitantes ...
Censo total, en 2015 4956 habitantes
Menores de 15 anos 733 (14,79 %)
Entre 15 e 64 anos 3246 (65,5 %)
Maiores de 65 anos 977 (19,71 %)
Pechar

Xeografía

O concello da Illa de Arousa está formado polas illas Arousa (a de maior extensión), Guidoiros e Areoso.

A illa ten unha superficie de 7 km², acadando a súa maior altitude no Con do Forno (68 m). Desde setembro de 1985 está unida ao continente por unha ponte de 2 km.

Algunhas das súas praias son A Area da Secada, A Lavanqueira, O Vao, Camaxe, Carreirón, Espiñeiro e O Cabodeiro.

A illa ten catro peiraos: O Xufre (onde se comercializa o marisco e o peixe), Cabodeiro, Naval e O Campo. Hai tres paseos marítimos: O Campo, O Cantiño e o que vai do IGAFA (Instituto Galego de Formación en Acuicultura) á Area da Secada. É tamén de interese turístico o faro de Punta Cabalo.

Thumb
Observatorio Lagoa do Carreirón.

As precipitacións danse en inverno e en outono e en menor cantidade en primavera; no verán as precipitacións son menores de 50 mm. En todo o ano danse máis de 1000 mm de choivas e é rara a vez que cae algunha nevada en inverno xa que a última foi no 1985. As temperaturas medias de inverno son de 10 °C e no verán de 21,5 °C, con máximas de 40 °C en agosto.

Thumb
Cartel con ilustracións da fauna que se pode observar á beira da lagoa da Punta Carreirón.

O miradoiro do Santo é o punto máis alto da illa dende onde se pode contemplar a vila e parte da súa contorna.

Historia

A illa xa foi habitada nos primeiros tempos do Paleolítico (quedando mámoas na illa Guidoiro Areoso) e na idade de bronce, en épocas en que o nivel do mar era máis baixo. Da época romana quedan restos dunha vila preto da punta do Naso, e localizouse unha necrópole na praia dos Bufos.

No ano 912 a metade da illa pasou a pertencer ao mosteiro de San Martiño Pinario, da orde de san Bieito, trala doazón do bispo de Iria Sisnando. No ano 929 o rei Afonso IV fundou o mosteiro de San Xián.

No século XII, ante as invasións dos normandos, o arcebispo Xelmírez ordenou a construción de naves e torres para protexer a costa, converténdose a illa nun punto de encontro para as tropas.

Thumb
Peirao do Naval

A partir de 1845 desenvolveuse a industria de salgado e pesca da sardiña, chegando a haber sete factorías. En 1879 inaugurouse a fábrica de salgado Goday, a segunda implantada en Galicia.

Trala división territorial de 1833 converteuse en concello, pero en 1873 pasou a formar parte de Vilanova de Arousa, ao que pertenceu até 1996 agás entre 1935 e 1945, cando formou parte de Vilagarcía de Arousa. En 1996 volveu ser concello de seu, logo da presión social da veciñanza.

O 7 de outubro de 1934 tivo lugar a Independencia da Illa de Arousa que durou unhas horas.[2]

O 14 de setembro de 1985 inaugurouse a ponte que une a illa a terra, que dinamizou a economía da poboación. Até entón os desprazamentos tiñan lugar en pequenos barcos.

Tradicionalmente a economía estivo baseada na pesca e no marisqueo, pero actualmente está máis diversificada.

Cultura

Patrimonio histórico-artístico

Thumb
Capitel da cruz do adro da igrexa.
Thumb
Muíño de marés nas Aceñas, no sur da Arousa.
  • Restos arqueolóxicos prehistóricos (castro do Naso, Quilma, antas do Areoso, Tarais...)[3]
  • Restos arqueolóxicos paleoromanos (praia do Naso, necrópole dos Bufos)
  • Trazado medieval, do tempo de Afonso VIII de León e Galiza, entre as rúas do Castro e a Torre.
  • Igrexa parroquial na Torre. O adro está posibelmente construído coa pedra da torre descrita por Martín Sarmiento, que acabou de tirar o vento no século XVIII.[4][5] Sarmiento atribuía o uso da torre ao aviso de piratas ou viquingos, segundo Manuel Gago Mariño, trataríase dun castelo, similar aos de vilas escocesas, vinculado ao foro real.
  • Muíños de vento e marés.
  • Patrimonio industrial vinculado á conserva (s. XIX e XX)
  • Centro de Interpretación da Conserva (s. XXI)

Deporte

Os maiores clubs deportivos da illa son o Céltiga Fútbol Club, fundado na década de 1920, os clubs de piragüismo e baloncesto (CB Dorna) nados da década de 1980, e outras seccións deportivas da Asociación Cultural e Deportiva Dorna, impulsora tamén da revista Dorna de literatura galega e da Escola de Navegación Tradicional Dorna. No ano 2000 fundouse o CXR Arousa, participante e organizador de distintos eventos de ximnasia rítmica.[6]

Festas

  • Festa do Patrón: o 7 de xaneiro, San Xulián. Duran tres días, logo de Reis.
  • Todos os Santos/ Día de Pedir/ Magosto/ Samaín: entre o 30 de outubro e o 2 de novembro é a festa de Defuntos, e consérvase a tradición de iren os rapaces a pedir polas portas unha esmoliña "polos defuntiños que van alá". As cabazas, que na Arousa se chaman botefas, tamén se facían antes de importar o Halloween e recuperar o Samaín (nome irlandés que se pronuncia Xauin). O magosto a princios de novembro adoita coincidir nesas datas.
  • Entroido: o carnaval é unha das celebracións máis importantes na Arousa desde hai moito tempo, tendo noticias de comparsas dos anos 20 e 30, das que se conservan letras. Actualmente acode moita xente dos arredores, especialmente o luns de Entroido.
  • Festas do Carme: as festas do verán duran cinco ou seis días, adicados aos quintos, a san Ramón, san Roque, santo Antonio, e á Virxe do Carme. O día do Carme é sempre un sábado, e celébrase normalmente a finais de xullo, variando a data para que coincida con mareas vivas, pois con marea alta celébrase a procesión marítima na que participan centos de embarcacións levando a arousáns e visitantes.

Festas gastronómicas

  • Festa da Navalla, o 27 de xullo
  • Festa do Mexillón, o 1º domingo de agosto.
  • Festa do Polbo, a 1ª fin de semana de setembro.
  • Festa gastronómica do Mar, todas as fins de semana de agosto agás a 1ª (que é a do mexillón).

Un xentilicio popular aplicado ós veciños da Illa de Arousa é o de Carcamán [7]. Este apelativo xa fora recollido no Diccionario Gallego-Castellano da Real Academia Galega de 1913 e polo Diccionario enciclopédico gallego-castellano de Eladio Rodríguez de 1958, que documentan a súa orixe en Murguía [8]. Segundo explican, Carcamán era unha denominación galega para os contrabandistas e, en 1826, houbo unha partida de contrabandistas italianos que se fixeron fortes na illa, desde a que facían incursións nos lugares veciños.

  • Na Arousa non hai mozas,/ en Boiro todas son vellas;/ vivan as de Santo Isidro/ que n’hai mozas como elas [9].

Un conto Finisterre da República dos sonhos de Nélida Piñón transcorre na illa de Arousa, sobre as vivencias co seu padriño arousán Ceferino Gondar [10]

O personaxe de Laura do libro O cervo na torre de Darío Xohán Cabana é oriunda da Illa de Arousa, pero ela descoñece que a illa desapareceu nunha explosión termonuclear.[11]

O escritor Valle-Inclán pasaba tempadas na illa e afirmou que naceu 'no medio da Ría de Arousa'.

Desde o ano 1976, celebráronse na illa varios festivais musicais, audiovisuais e de teatro, como o Arousa Folk, o Alén Rock, o Atlantic Fest, O mar nunha flor etc.

A obra "Memorias dun neno labrego" de Cándido Pazó, baseada no libro de Neira Vilas, foi estreada na illa.

Galería de imaxes

Thumb
Illa de Arousa vista dende o monte da Curota, na Pobra do Caramiñal.

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Illa de Arousa

A Illa de Arousa (San Xulián)

Lugares da Illa de Arousa

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Illa de Arousa vexa: Lugares da Illa de Arousa.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.