Invasión musulmá da Península Ibérica
From Wikipedia, the free encyclopedia
Coñécese como etapa musulmá da Península Ibérica[1][2] ou conquista árabe/musulmá de Hispania[3] ao complexo proceso político e militar que ao longo do século VIII explica a formación e consolidación de Al-Ándalus musulmá, así como a xénese dos principais reinos cristiáns medievais peninsulares.[4]
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
A conquista do reino visigodo por dirixentes árabes da Dinastía Omeia foi un proceso que durou quince anos, do 711 ao 726, no que se chegou a tomar todo o actual territorio de España e Portugal e parte do sur de Francia, se ben o que era o territorio peninsular do reino estaba completamente conquistado no 720, tras dez anos do inicio da conquista.
Aínda que o proceso en total ocupou todo ese tempo, a cronoloxía non é exacta en canto aos anos e as datas, senón só aproximada, pois as fontes difiren entre si.[5] Ademais destes anos de conquista, hai que sumar os anos anteriores que os árabes e bérberes musulmáns levaban deseñándoa, recoñecendo o terreo e preparando, ao parecer, futuras alianzas. Debe sinalarse que unha boa parte do groso de musulmáns chegados á península non eran etnicamente árabes, senón bérberes.