Bérberes
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os bérberes[16] (en bérber: ⵉⵎⴰⵣⵉⵖⵏ Imaziɣen, singular: ⴰⵎⴰⵣⵉⵖ Amaziɣ/Amazigh) son un conxunto de pobos do norte de África que falan linguas bérberes, da familia de linguas afroasiáticas. Estímanse en entre 14 e 25 millóns de persoas que falan estas linguas, principalmente en Marrocos, Alxeria, Melilla e Tunisia mais tamén fan parte deste grupo os tuaregs, predominantemente nómades do Sáhara.
Bérberes | |
---|---|
Bérberes facendo a danza Ahidus. | |
Poboación | |
Poboación total: 25 - 30 millóns[1] – 50 millóns[2][3][4][5] | |
Rexións principais: | |
Marrocos | entre ≈ 14 millóns[3] e ≈ 20 millóns[6][7][8][9] ou 27 078 593[2] |
Alxeria | entre 9[3] e ≈ 13 millóns[8][10] ou 32 320 000[2] |
Francia | máis de 2 millóns[11] |
Níxer | 1 620 000[12] |
Malí | 850 000[13] |
Libia | >3 850 000[2] |
Mauritania | 2 88 000 (2 768 000[14] e 115 000[15]) |
Aspectos culturais | |
Lingua | linguas bérberes |
Relixión | musulmán, cristiá, xudía |
Grupos relacionados | Númidas, Cabilios, Chleuhs, Rifeños, tuareg, Chaouis, Mozabíes,Guanches |
Este artigo amosa letras tifinagh. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
De acordo cos rexistros máis antigos, os bérberes foron os primeiros habitantes desta rexión, chegando a dominar o Exipto antigo arredor do 945 a.C. Existen entre 25 e 30 millóns de bérberes no norte de África que aínda falan as linguas bérberes,[1] a maioría deles viven en Marrocos, Alxeria, Libia, Tunisia, o norte de Malí e o norte de Níxer.[2] Existen pequenas comunidades bérberes en Mauritania, Burkina Faso e na vila de Siwa, en Exipto. Crese que a maioría da poboación do norte de África ó oeste de Exipto é de orixe bérber, malia que por mor da arabización e a islamización algúns bérberes étnicos identifícanse como bérberes arabizados.[17] Existen grandes comunidades de bérberes inmigrantes residindo en Francia, España, o Canadá, Bélxica, os Países Baixos, o Reino Unido, Italia e outros países de Europa.[18][19]