matemático francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Jacques Salomon Hadamard, nado en Versalles o 8 de decembro de 1865 e finado en París o 17 de outubro de 1963 foi un matemático francés que traballou nas universidades de Bordeos e na Sorbona de París. Tratou diversos temas de física matemática. Tamén colaborou no establecemento das bases da análise infinitesimal e desenvolveu o teorema sobre o valor absoluto dun determinante.[1][2]
Sucedeu en 1912 a Henri Poincaré na Academia de Ciencias de Francia. O seu logro máis coñecido foi a demostración que levou a cabo en 1896 (obtida de modo independente ese mesmo ano polo matemático belga Charles-Jean de la Vallée Poussin) do teorema dos números primos. Estableceu así mesmo a noción de problema ben exposto no terreo das ecuacións diferenciais. É tamén un dos matemáticos que máis contribuíron no desenvolvemento da análise infinitesimal e desenvolveu o teorema sobre o valor absoluto dun determinante.
Deu o seu nome ás matrices de Hadamard, ao teorema de Cauchy-Hadamard e utilízase en criptografía a pseudo-transformación de Hadamard.
No seu libro Psychology of Invention in the Mathematical Field, Hadamard emprega a introspección para describir o proceso mental matemático. Describe o seu propio pensamento matemático como sen palabras, acompañado a miúdo de imaxes mentais que condensan a idea global dunha proba, en franca oposición a autores que identifican a linguaxe e a cognición. Realizou unha enquisa entre cen dos físicos máis relevantes do momento (arredor de 1900), preguntándolles como realizaban o seu traballo. Moitas das respostas foron idénticas á súa; algúns informaron de que vían os conceptos matemáticos como cores. Einstein comentou sensacións nos seus antebrazos. Alan Kay, no seu "Alan Kay: Doing with Images Makes Symbols Pt 1 (1981)", traduciu isto a estadios de aprendizaxe de Piaget.[3]
Tralo caso Dreyfus, que o implicou persoalmente porque a súa prima segunda Lucie era a esposa de Dreyfus, Hadamard volveuse politicamente activo e un acérrimo defensor dos dereitos dos xudeus.[4] aínda que el mesmo se consideraba ateo.[5][6]
Entre os seus estudantes incluíronse Mauric Fréchet, Paul Lévy, Szolem Mandelbrojt e André Weil.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.