xornalista e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e finado na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de setembro de 1899 A Coruña, España |
Morte | 26 de decembro de 1989 (90 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1951–1989) Real Academia Galega (membro correspondente) (1942–1951) |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Isabel Bugallal Vela |
Pai | Isidoro Bugallal |
Irmáns | Javier Bugallal Pérez de Castro |
Naceu no seo dunha familia de xornalistas. O seu bisavó fora Isidoro Araújo de Lira, xornalista galegocubano de Bouzas, e o seu pai o tamén xornalista Isidoro Bugallal. Estudou o bacharelato en Alemaña e licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela[1]. Como xornalista, colaborou con medios locais, como El Noroeste, El Orzán e Marineda, e tamén no ABC e na Hoja del Lunes de Madrid, pero o seu xornal principal, onde desenvolveu case toda a súa carreira, foi El Ideal Gallego. Dedicouse sobre todo ao xornalismo deportivo.
En 1951 ingresou na Real Academia Galega a proposta de Manuel Casás, Francisco Vales Villamarín e Ángel del Castillo López[2]. Tamén foi membro da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario e correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.
Casado con Adela Vela Lojo, foi pai de Jaime, Isabel, Luisa, Pilar e José Luis Bugallal Vela.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.