escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José María Riguera Montero, nado en Nogueira (Ourol) o 19 de setembro de 1845 e finado en Viveiro o 15 de outubro de 1922, foi un escritor e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1845 Nogueira, España |
Morte | 15 de outubro de 1922 (77 anos) Viveiro, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor , autor |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Ramón Erotiguer Bernardo Miranda |
Lingua | Lingua castelá |
Fillo de Tomás Benito Riguera Losada e Francisca Montero Fernández, naturais de Xermade e Ourol. Estudou Latín e Humanidades en Viveiro e cursou tres anos de Filosofía e Letras e outros tres de Teoloxía no Seminario de Mondoñedo. Abandonou o semanario e emigrou a Montevideo en 1870. Alí fundou o Instituto Oriental, establecemento de ensinanza superior. Catedrático de Latinidad, estudou seis anos na Facultade de Dereito e Ciencias Sociais da Universidade de Montevideo, e alcanzou o grao de Doutor. Foi presidente e asesor da primeira Asociación de Socorros Mutuos establecida no Uruguai. Colaborou na prensa americana.
Por motivos de saúde, viuse obrigado a regresar a Galicia. Estableceuse na Coruña, onde promoveu unha delegación da sociedade Vivero y su Comarca e financiou diversos actos culturais.
Foi vicepresidente do consello de administración de La Voz de Galicia e colaborou en Vida Gallega e outras publicacións utilizando os pseudónimos Ramón Erotiguer e Bernardo Miranda, filósofo mindoniense.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José María Riguera Montero |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.