Viveiro
concello da comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
Viveiro é un concello e unha cidade, situada na provincia de Lugo, na comunidade autónoma de Galicia. Ao mesmo tempo, está situado dentro da comarca da Mariña Occidental. Nela tamén se atopa a sede do partido xudicial número 6 da provincia.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital de | |||||
Capital | Viveiro | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 15.221 (2023) (139,26 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 109,3 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 12 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | María Loureiro García | ||||
Eleccións municipais en Viveiro | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27850 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27066 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | viveiro.es | ||||
O seu termo municipal está situado na rexión costeira da Mariña, ocupando unha superficie de 109,3 km². Este territorio sitúase no val formado polo río Landro, que se estende polo sur dende os pedemontes da Serra do Xistral, e que desemboca ó norte na ría de Viveiro, que é unha das rías pertencentes á rexión das Rías Altas, que desembocan ó mar Cantábrico.
A fundación de Viveiro data da Idade de Ferro, como se pode ver nos numerosos sitios arqueolóxicos de asentamentos celtas. A partir dos séculos XII e XIII, Viveiro comezou a tomar especial relevancia, coa puxanza da vila medieval, da que hoxe aínda se conserva a súa zona vella.
Viveiro dispón dun variado catálogo patrimonial, no que destacan os seus monumentos históricos de tipo civil e relixioso, o seu patrimonio artístico-cultural e o seu patrimonio natural. Así mesmo, as súas diversas festividades de interese turístico atraen a numerosos visitantes a cidade, entre as que destacan a Semana Santa de Viveiro, a Rapa das Bestas de Candaoso e a Romaría do Naseiro, estando as tres consideradas como Festas de Interese Turístico Nacional.
Con 15 932 habitantes, segundo o censo do IGE no 2014, Viveiro é o terceiro concello con máis poboación da provincia, por detrás de Lugo e de Monforte de Lemos. O mesmo tempo, é o termo municipal máis poboado da comarca, así como o centro de influencia dos concellos limítrofes. A poboación concéntrase en tres núcleos principais: Viveiro, Covas e Celeiro, aínda que o crecemento urbanístico tende a unificación dos tres núcleos.
Censo total 2014 | 15 932 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 1933 (12,13 %) |
Entre 15 e 64 anos | 10 219 (64,14 %) |
Maiores de 65 anos | 3780 (23,72 %) |
Poboamento orixinario das primeiras tribos que habitaron a franxa noroeste, recibiu o nome de Zoela. Durante a romanización foi empregado como campamento romano e ao final estabeleceuse a actual vila de Vivarium. No medievo foi un centro comercial de mediano tamaño que exportaba liño, viño e laranxas aos mercados dos Países Baixos (liño) e Gran Bretaña (viño e laranxas). Experimentou certa relevancia na Idade Moderna, aínda que o seu desenvolvemento nesa altura foi escaso.
No século XIX afúndese na ría a Fragata Santa María Magdalena, cando intentaba refuxiarse do vento norte no porto desta cidade. Esta traxedia causou unha forte conmoción na poboación, que contribuíu con víveres e roupa ás poucas persoas que sobreviviron. En recordo do sinistro construíuse un monumento ás persoas afogadas na praia de Covas.
Viveiro é centro comercial e de lecer para a xente dos concellos limítrofes. Conta, ademais, cun importante porto pesqueiro situado na vila de Celeiro. Cun total de 90[1] buques censados, é un dos portos máis importantes de Galiza. Esta frota compóñena embarcacións de baixura-artesanal, cerco, arrastre de litoral, volanta e arrastre do Gran Sol. A especie máis importante tanto por volume como por facturación é a pescada.
Dende o 2004 o cronista oficial de Viveiro é Carlos Nuevo Cal.[2]
O nome Viveiro procede do idioma latín, Vivarium. Dende un punto de vista etimolóxico, Vivarium significa un terreo onde se cultivan árbores e plantas ou un lugar onde se manteñen ou se crían dentro da auga peixes, moluscos e outros animais. Co paso dos séculos, este foise transformando en Vivario, Vivairo e Viveiro.
Non obstante, existen algúns historiadores, coma Boulet, que consideran que o nome Viveiro non procede do latín senón das linguas célticas, sendo unha composición das palabras Bi (montaña) e Ber (empinada), teoría esta que se reforza ó estar a localidade na saia de montañas empinadas.[3]
O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «viveirés», «viveirense» ou «vivariense».
Existen varias formas de referirse os habitantes de Viveiro. A forma vivariense é a forma culta, que procede do latín, Vivarium. A forma oficial é viveirense (no Dicionario da Real Academia Galega). E por último, existe unha terceira forma, viveirés.
A Porta Maior, Porta de Carlos V ou Porta do Castelo, foi construída no ano 1548 para honrar o rei cando pasou por Viveiro. É de estilo plateresco e foi declarada Monumento Nacional en 1942. Unha inscrición sobre o arco indica que foi construída "Sendo correxedor o licenciado Canosa de Tordesillas"; cadanseu lado da porta ten os escudos da cidade e de Galicia; no corpo superior, un grande escudo do emperador Carlos I, co seu busto no frontón triangular. Dentro do arco, nunha furna, está a imaxe de San Roque, do século XVIII, que estivo na fachada da casa do Corrixidor até 1867.
As outras dúas portas aínda existentes son a Porta do Valado, que conserva restos da primitiva muralla, e a Porta da Vila, en cuxo arco se garda unha imaxe de Cristo do século XVIII entre outras dúas da Virxe e San Xoán, do século XVI. A inscrición ERA MCCLV IN TEMPOR AF dá o ano 1217 como probábel para a súa construción.
A ponte da Misericordia, ou Ponte Maior, cruza a ría até Covas. Construíuse entre 1462 e 1544 e recibe o nome pola capela da Misericordia, construción renacentista (s. XVII) que se atopa no extremo oeste. A ponte conserva dez arcos de pedra de cantería de medio punto, con luces de entre 6 e 7,8 m.
A Praza Maior está presidida polo monumento a Pastor Díaz, recentemente desprazado cara a unha esquina.
A igrexa románica de Santa María do Campo (s. XII) ten na portada principal tres pares de columnas co tímpano liso. A torre das campás rematouse no século XVIII e a do reloxo no XIX. No século XV engadíuselle unha capela lateral, no XVI a sancristía e no XVIII a capela do Rosario.
A Igrexa conventual de San Francisco tamén é Monumento Nacional. É gótica (s. XIV mais claustro do XVII). A ábsida ten ventanais altos e estreitos. Na capela gótica de Santo Ildefonso hai un retablo do século XIV. No muro esquerdo da nave atópase o sartego oxival da beata Costanza de Castro.
Viveiro ostenta a categoría histórica de cidade, cos títulos de «Moi nobre e moi leal» e con tratamento de «Excelencia» para o seu concello. O concello de Viveiro, en sesión do 18 de xuño de 1891, solicitou ó Ministro de Gobernación a concesión do título de cidade e o tratamento de «Excelencia» para o concello, baseando esta súplica:
«[...]en los notables hechos que registra la historia de Vivero y en los eminentes servicios que a la Patria y a la Monarquía prestó esta antigua e importante villa real.»[4]
O 30 de xuño de 1891, a raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena, aceptou a petición de título de cidade e o tratamento de Excelencia, por medio dun Real Decreto promulgado na mesma data en Aranjuez, títulos que aínda conserva hoxe en día.
O escudo heráldico municipal de Viveiro está composto dos seguintes elementos:
El escudo Vivero trae por armas, en el campo de gules, un puente de plata de cinco arcos, mazonado de sable, sostenido de fajado-ondeado de plata y azur, y sumado de león de oro coronado de lo mismo, y acompañado de cinco custodias de oro, con la sagrada forma de plata, puestas tres en jefe y una en cada flanco. Al timbre, corona real cerrada.E. Chao Espina[5]
A bandeira municipal de Viveiro está composta de seis franxas horizontais de igual ancho entre si. As súas cores son o azul e o branco, sendo a primeira franxa da parte superior en cor azul. O seu deseño é igual que no da Provincia marítima de Lugo, xa que séculos antes se coñecía como a Provincia marítima de Viveiro.
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Viveiro vexa: Lugares de Viveiro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.