avogado e xornalista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Julio Pérez de Guerra, nado en Chantada o 23 de xullo de 1893,[1] foi un avogado e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xullo de 1893 (131 anos) Chantada, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , xornalista , político |
Lingua | Lingua castelá |
Fillo de Martín Pérez Pérez e Antonia Guerra Díaz-Varela. Colaborou en Ilustración Gallega. Estudou Dereito na Universidade Central de Madrid e formou parte da redacción de El Debate. Retornou a Chantada cando rematou a carreira en 1917 e foi redactor de El Centinela, correspondente de La Región e El Eco de Galicia, e colaborou en Vida Gallega e La Gaceta del Norte de Bilbao. Dende 1918 pasou a residir en Lugo para ser redactor-xefe,[2] e logo director de La Voz de la Verdad (1920-1921). Colaborou en El Ideal Gallego, Galicia Social Agraria e El Progreso. Foi presidente da Asociación da Prensa de Lugo. Vinculado ao sindicalismo católico agrario, foi secretario da Unión Patriótica e concelleiro do concello de Lugo durante a ditadura de Primo de Rivera. Foi directivo das Irmandades da Fala de Lugo. En 1930 ingresou por oposición no Corpo de Secretarios. Foi secretario do Concello de Lugo dende 1956.[3]
É autor dos folletos Ayuntamiento de Lugo. Memoria redactada por A... (1939) e Horas de Hispanidad. Hombres, hechos y problemas (1940).
Casou en Chantada con Milagros Vázquez Campo en 1918.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.