especie de insecto From Wikipedia, the free encyclopedia
Kermes echinatus é un insecto hemíptero da superfamilia dos cocoideos e familia dos quermésidos, unha das contra 20 integradas no xénero Kermes.[1]
Kermes echinatus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Femias de Kermes echinatus con ninfas emerxentes | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Kermes echinatus Balachowsky, 1953 | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
É un parasito de plantas, sendo os seus hospedeiros varias especies do xénero Quercus: Quercus calliprinos, Quercus coccifera e Quercus ilex.[2]
A especie foi escrita en 1953 polo entomólogo francés, nacido en Rusia, Alfred Balachowsky,[3] a partir dunha femia achada no bosque Nahaall de Israel, sobre Quercus coccifera, especie tipo depositada no Museo Nacional de Historia Natural de Francia de París.[2]
Para o do xénero, véxase Kermes.
O epitero específico, echinatus, é o nominativo singular do adxectivo do latín científico echinatus, -a, -um, tirado do sussbtantio do latín clásico echinus, -i, "ourizo".[4]
Ademais de polo seu nome válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]
As femias adultas son subesféricas e de cor ocre.[3] Os adultos xoves prereprodutores son ovalados, de 2,5 a 3,2 mm de longo e de 2 a3 mm de largo, co dorso lixeiramente convexo de cos gris apardazado con 4 ou 5 liñas lonxitudinais negras e de 6 a 9 bandas transversais negras formadas por puntos e liñas. As femias reprodutoras maduras son altamente convexas, co dorso gris aparddazado con liñas negras, lonxitudinais e transversais, co corpo estreitándose na rexión posterior. As femiaa posreprodutoras son ovaladas e moderadamente convexas, de 2,9 a 4,4 mm de longo, de 2,7 a 5,1 mm de largo e de 3,2 a 4,8 mm de alto, e co dorso esclerotizado, de cor vermella con de 6 a 9 liñas transversais negras. As ninfas no seu primeiro estadio teñen o corpo ovalado e que se estreita posteriormente, miden de 0,37 a 0,44 mm de longo e de 0,14 a 0,2 mm de largo, presentando o dorso e o ventre vermellos, cunha franxa de cera branca nas marxes coa que se asentan nas pólas para alimentarse. No segundo estadio ninfal o corpo é ovalado e case plano, de cor vermella alaranxada. O corpo das ninfas do terceiro estadio é arredondado, convexo, de cor amarela brillante xusto despois da écdise (muda), con numerosas guedellas cerosas brancas que sobresaen no dorso.[2][5] As femias de K. echinatus no terceiro estadio difiren das de K. vermilio principalmente nas antenas monoméricas (2 ou 3 segmentos) e con aproximadamente 50-60 sedas marxinales espiñentas, en K. vermilio.[6][7]
Kermes echinatus pasa o invierno como ninfas no seu primeiro estadio pousadas nas pólas das árbores. As ninfas do segundo estadio aparecen a mediados de abril, seguidas das ninfas do terceiro estadio contra finais de maio. As larvas e pupas masculinas aparecen desde finais de abril até finais de maio. As femias maduras, preovipositoras e ovipositoras adultas, durante maio e xuño. Os individuos acabados de nacer aparecen a finais de xuño, permanecendo nesta etapa até que se asentan en pólas durante o verán, outono e inverno até abril do ano seguinte.[2]
Como no resto dos cocoideos, provoca danos directos sobre ás árbores colonizadas, debidos á succión do zume. Mediante as picadas producidas polas larvas e as femias adultas ocasiónase un debilitamento da árbore.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.