Kermes
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Kermes é un xénero de insectos hemípteros da superfamilia dos cocoideos,[1] que é o tipo da familia dos quermésidos (cochinillas).


Remove ads
Taonomía
Descrición
O xénero foi descrito en 1798 polo entomólogo francás Pierre André Latreille.
Etimoloxía
O nome Kermes procede do árabe persa qirmiz, "carmesí", e este do sánscrito krimiga, "producido por insectos", de krmi, "verme, insecto".[2]
Sinónimos
Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñecuese tamén polos sinónimos:[3]
- Dryocecis Amyot, 1848
- Kermes Boitard, 1828
- Kermococcus Silvestri, 1911
- Kermesococcus Cromartie, 1959
- Talla von Heyden, 1860
Especies
Recoñécense no xénero unhas 20 especies,[4] entre elas:
- Kermes bacciformis Leonardi, 1908
- Kermes corticalis (Nassonov, 1908)
- Kermes echinatus Balachowsky, 1953
- Kermes gibbosus Signoret, 1875
- Kermes ilicis (Linnaeus, 1758)
- Kermes quercus (Linnaeus, 1758)
- Kermes roboris (Fourcroy, 1785)
- Kermes vermilio Planchon, 1864
O Sistema Integrado de Información Taxonómica, na actualidade, recoñece 18,[1] e ScaleNet, 65.[3]
Nota taxonómica
Non todos os autores admiten a autoría do xénero por parte de Latreille, e adxudícanlla a Pierre Boitard en 1828, admitíndo, porén ambos os sinónimos. A razón é que opinan que o uso que Latreille, en 1798, lle dá ao nome Kermes, presentándoo como un nome común de grupo, o que non invalida o seu uso posterior por Boitard, en 1828, nun sentido mái técnico.[3]
Remove ads
Características
Todas as especies de Kermes comparten os seguintes trazos anatómicos nas femias adultas:[5]
- Presenza dunha banda submarxinal de conduto tubulares no ventre.
- Poros multiloculares ventralmente nos segmentos abdominais
- Un labio de tres segmentos con 14 setas sedas.
Rstudis recentes suxiren que moitas especies incluídas actualmente no xénero Kermes teñen unha morfoloxía moi variada, o que dificulta o diagnóstico xenérico, polo que é necesario realizar máis trablljos, en particular sobre as femias postreprodutoras.[5]
Remove ads
Bioloxía
A maioría destes insectos son parasitos das árbores do xénero Quercus, aliméntanse do seu zume. Os individuos desenvólvense principalmente en fendas de casca e en pequenas poliñas.[6] ·
As femias producen un pigmento vermello, chamado quermes, que é a fonte natural do colorante carmesí.[7]
Historia
Na época romana o médico Dioscórides escribiu que o mellor carmesí proviña do quermes das provincias de Galacia e Armenia.[8]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads