A liña León-A Coruña, tamén coñecida historicamente como a liña Palencia-A Coruña,[1][2] é unha liña de ferrocarril de 428,2 quilómetros de lonxitude que pertence á rede ferroviaria española. Une a Meseta con Galicia polo leste percorrendo as provincias de León, Ourense, Lugo e A Coruña. Seguindo a catalogación de Adif é a liña 06-800.[3]

Características

Segundo a Declaración da Rede de Adif na súa actualización de 2013,[4] a liña está electrificada a 3 kV de corrente continua mediante fío aéreo entre León e Monforte de Lemos, así como a 25 kV de corrente alterna na estación da Coruña, e é de vía única.

No referente á sinalización, toda a liña está dotada de Control de Tráfico Centralizado (CTC), con Bloqueo Automático de Vía Única (BAU) entre León e Monforte de Lemos e Bloqueo de Liberación Automática en vía única (BLAU) entre Monforte de Lemos e A Coruña.

Thumb
O viaduto da Chanca, sobre o río Rato, ergueito nas proximidades da estación de Lugo, é unha das construcións máis senlleiras desta liña.

Servizos ferroviarios

Viaxeiros

A liña é usada tanto por trens de Longa como de Media distancia operados por Renfe Operadora. Os servizos están distribuídos en dous tramos ben diferenciados. O tramo de León a Monforte de Lemos é utilizado polos seguintes trens:

O tramo entre Monforte de Lemos e A Coruña úsano:

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.