![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/13/Languages_of_the_Caribbean.png/640px-Languages_of_the_Caribbean.png&w=640&q=50)
Lingua taína
lingua arauaca / From Wikipedia, the free encyclopedia
O taíno[3] é unha lingua extinta da familia arauaca falada historicamente polo pobo taíno do Caribe. No tempo da chegada dos colonizadores españois, era a principal lingua do Caribe. O taíno clásico (ou propiamente taíno) era a lingua nativa no norte das Antillas, en Porto Rico, en Turks e Caicos e a maioría da Española, e estaba a estenderse en Cuba. O ciboney está sen documentar, pero as fontes coloniais suxiren que eran un dialecto do taíno que se falaba na parte occidental da Española, nas Bahamas, Xamaica e na maioría de Cuba.
Taíno | |||
---|---|---|---|
Falado en: | Bahamas, Cuba, República Dominicana, Haití, Xamaica, Porto Rico, Turks e Caicos | ||
Rexións: | Caribe | ||
Extinción: | século XIX[1] | ||
Familia: | Americana Arauaco Setentrional Ta-arauacas Taíno | ||
Códigos de lingua | |||
ISO 639-1: | -- | ||
ISO 639-2: | --- | ||
ISO 639-3: | tnq
| ||
Mapa | |||
![]() Taíno ciboney
| |||
Status | |||
![]() |
A finais do século XV, o taíno desprazara as linguas anteriores agás no oeste de Cuba e nalgúns lugares da Española. Coa colonización española, a cultura taína esmoreceu e a lingua foi subtituída polo castelán e outras linguas europeas. Crese que a lingua se extinguiu logo de cen anos do contacto cos europeos,[1] mais posiblemente puido ter sobrevivido nalgúns lugares illados do Caribe até o século XIX.[4] Como a primeira lingua nativa coa que os europeos se encontraron no Novo Mundo, é a principal fonte de novas palabras americanas incorporadas ás linguas europeas.