xornalista e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Luís Rodríguez García, coñecido como Lois Caeiro, nado en Sobrado o 10 de abril de 1951[1], é un xornalista e escritor galego. Foi director de El Progreso de Lugo, dende 2000 até 2019, ano no que se xubilou.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1951 (73 anos) As Cruces, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Naceu no lugar das Cruces da parroquia de San Xiao de Cumbraos no concello de Sobrado, estudou na cidade da Coruña, no seminario de Santiago, na Universidade de Comillas e fixo xornalismo na Complutense en Madrid.[3]
Foi coordinador da colección Testemuños da Editorial SEPT, colaborador de Galicia confidencial, Encrucillada, comentarista político de El Ideal Gallego, xefe de prensa da Delegación do Goberno en Galicia con Domingo García Sabell. Xefe de Prensa da CEG. Xefe de Prensa da Xunta de Galicia. Director dos servizos informativos da Televisión de Galicia (1985-1986), director de Atlántico Diario e correspondente en Galicia do xornal ABC,[4] director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia entre 1986 e 1987, dimitindo en xaneiro de 1987.[5] Colaborador habitual de El Correo Gallego, publicou O xantar da memoria (2004) e Aquel mundo. E un dos tradutores de A Biblia dos nenos (Editorial Sept. 1975). Editor e prólogo de Pensar Galicia, unha escolma de artigos de Andrés Torres Queiruga (edit. Sept).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.