Macroscelídeos
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos macroscelídeos (Macroscelidea) é unha orde de mamíferos placentarios afroterios coñecidos vulgarmente como musarañas elefante.[1]
Macroscelideos Macroscelidea Musarañas elefante Rango fósil: oligoceno temperán - actualidade | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macroscelides proboscideus | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||
|
Comprende 16 especies vivas agrupadas en 4 xéneros nunha única familia actual, a dos macroscelídidos (Macroscelididae).[2]
Son pequenos animais cun fociño longo e patas traseiras alongadas, que viven no solo e se alimentan principalmente de insectos. Todas as especies da orde habitan no continente africano.
Antigamente incluíanse na orde dos insectívoros, hoxe en desuso, xunto aos ourizos, musarañas e toupas.
As musarañas elefante teñen un certo parecido coas musarañas, pero son de maior tamaño. Alcanzan unha lonxitude corporal de 10 a 31 cm e teñen unha cola de 8 a 25 cm de longo. O seu peso varía entre os 25 e os 280 g. Porén, os máis grandes rincocións (Rhynchocyon) poden alcanzar un peso de até 700 g.
A pelaxe no dorso varía, dependendo do seu hábitat, desde un gris amarelado até un café avermellado. Os rincocións e o petródomo (Petrodromus tetradactylus) teñen, ademais, raias e manchas na pelaxe. A superficie ventral é dunha cor máis clara, maioritariamente branca ou gris clara.
Estes animais teñen ollos grandes e redondos, e un fociño móbil moi alongado en forma de trompa.
Teñen as patas longas e delgadas. As patas traseiras son máis longas que as dianteiras. Os dedos polgares son moi pequenos ou faltan completamente. As patas traseiras están concibidas para avanzar a saltos. Como moitos outros mamíferos, as musarañas elefante páranse e camiñan apoiándose nos dedos das súas patas (dixitígrados).
Posúen unha longa cola, case pelada, que ten certo parecido á dunha rata.
As musarañas elefante marcan o seu territorio coas secrecións que producen coas glándulas odoríferas da parte inferior da cola, e con outras glándulas situadas nas patas, peito e ano.
As femias teñen de dous a tres pares de mamas.
A orde foi fundada en 1956 polo zoólogo británico Percy M. Butler (1912 - 2015).[1]
A familia describiuna en 1838 o naturalista francés Charles Lucien Bonaparte, en Nuovi Ann. Sci. Nat. 2: 111.[2]
Os nomes da orde, e da familia, derivan do nome do seu xénero tipo, Macroscelides, coas desinencias do latín científico -idea e ´-ídae, respectivamente (ambos os elementos derivan do grego antigo εἴδος eídos, "aspecto", "aparencia", "forma").
O nome do xénero tipo, Macroscelides, está formado polos elementos do latín científico macro-, calco do grego μακρο- makro (de μακρός makrós, "longo"), e -scelides, tirado do grego antigo σκέλος skélos, "pata". Literalmente: "o de patas longas".[3]
A orde, e a súa única familia comprende actualmente 16 especies divididas en 4 xéneros:[2]
Orde Macroscelidea
Nota: algúns autores, como Haltenorth, reducen o número de especies a 12,[4] mentres que outros, como na EOL, amplíano a 17.[5]
As musarañas elefante só se encontran no continente africano, principalmente en África central, oriental e meridional. A súa área de distribución esténdese desde Somalia, o sur do Sudán e a República Democrática do Congo até Suráfrica. Só unha especie, o asarfif ou musaraña elefante norteafricana (Elephantulus rozeti), vive no noroeste do continente, entre Marrocos e Libia.
Estes animais habitan nunha gran variedade de hábitats, desde desertos e terreos rochosos até sabanas e selvas tropicais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.