empresario e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Jaime Cabezas Enríquez, nado en Ourense o 14 de novembro de 1953, é un empresario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Manuel Jaime Cabezas Enríquez 14 de novembro de 1953 (70 anos) Ourense, España |
Presidente Federación Galega de Municipios e Provincias | |
1999 – 2003 ← Julio Álvarez Núñez – Xosé Crespo Iglesias → | |
Alcalde de Ourense | |
1995 – 2007 ← Manuel Veiga Pombo – Enrique Nóvoa López → | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
17 de xuño de 1993 – 19 de setembro de 1995 – Jesús Barros → Lexislatura: V lexislatura de España Circunscrición electoral: Ourense Electo en: Eleccións Xerais 1993 en España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua galega |
Enxeñeiro agrónomo, comezou a súa carreira profesional como xerente da Cooperativa Vinícola do Ribeiro. Membro do Partido Popular, foi deputado pola provincia de Ourense no Congreso dos Deputados (1993-1995) e despois alcalde de Ourense desde 1995 ata 2007. Foi o primeiro alcalde popular en celebrar unha voda entre persoas do mesmo sexo, polo que recibiu a crítica do bispo de Ourense, Luís Quinteiro Fiúza. No ano 2006 anunciou que non se presentaría ás eleccións municipais de 2007, e dimitiu como alcalde en febreiro de 2007, deixándolle o seu posto ao vindeiro candidato do PP Enrique Nóvoa López. Porén mantivo o escano no Senado que ocupou desde o 2004 e no que cesou no ano 2008. Dende esa data volveu adicarse á actividade empresarial ata que o seu partido escolleuno de novo para encabezar a súa candidatura na cidade de Ourense nas eleccións municipais de 2023[1]. Nesta convocatoria electoral logrou 7 concelleiros, quedando por detrás de Democracia Ourensana. Un día antes do pleno de investidura anunciou a súa intención de apoiar ao candidato do PSdeG-PSOE Paco Rodríguez, o cal tamén contaría co apoio do BNG, para desbancar da alcaldía a Gonzalo Pérez Jácome, candidato de Democracia Ourensana. Porén, horas antes do pleno a dirección autonómica do PP alcanzou un acordo con Jácome polo no concello os concelleiros populares facilitarían a continuidade de Jácome como alcalde e na Deputación provincial os deputados de DO facilitarían a continuidade do PP na presidencia. Desta forma, o PP votouse a si mesmo, ante o cal Jácome continuou como alcalde. Nada máis rematar o pleno anunciou a súa dimisión como concelleiro ante a súa disconformidade co acordo alcanzado por parte do seu partido e DO, a cal formalizou o 31 de agosto seguinte[2].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.