Democracia Ourensana
partido político ourensán de ámbito provincial From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Democracia Ourensana é un partido político ourensán de ámbito provincial dirixido por Gonzalo Pérez Jácome.[1] Dende o 2019 ostenta a alcaldía da cidade de Ourense.
Remove ads
Ideoloxía
O partido rexeita a adscrición á dereita ou á esquerda convencionais ("D.O. no es de derechas ni de izquierdas, sino de Ourense").[2] Con todo, Natalia Puga caracterízao como "populismo de dereitas" e Onda Cero como "localista".[3]
A pesar do seu proclamado carácter transversal,[4] o seu histórico na política municipal, provincial e galega caracterizouse polas alianzas máis ou menos consistentes co Partido Popular: en 2014, favoreceu o acceso á alcaldía do candidato popular Jesús Vázquez; en 2019, obtivo a alcaldía sendo a terceira forza do consistorio ourensán, pasando a integrar os populares no goberno, até a súa ruptura en xullo de 2022, despois de favorecer igualmente a continuidade de José Luís Baltar á fronte da Deputación. Logo das municipais de 2023, DO e PP alcanzaron un acordo para accederen ao mando do Concello da capital e da Deputación, respectivamente, en solitario. Finalmente, após as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, o seu único representante, Armando Ojea, abstívose na votación de investidura de Alfonso Rueda.
Por outro lado, o seu líder Gonzalo Pérez Jácome ten desacreditado publicamente os seus adversarios de esquerdas, como o PSdG-PSOE ou o BNG, afirmando sobre este último que "é un partido soviético e Pontón unha radical que defendía terroristas".[5]
Por outro lado, DO renega do galego como lingua vehicular no ámbito público, non sendo usada habitualmente polo seu líder nin de forma sistemática a través das súas canles de comunicación, o que coloca este partido fóra do consenso da normalización lingüística do período autonómico.[6][7] [8][9]
Remove ads
Historia
2001-2011: primeiros anos
Fundación do partido e a canle de televisión
O partido fundouse e 2001[10] en torno á canle de televisión local Auria TV[11] por Gonzalo Pérez Jácome xunto a Armando Ojea, Manuel Álvarez. Rebeca Santos e Juan Carlos Frasero.[12]
Primeiros anos na oposición
Gonzalo Pérez Jácome foi o candidato de Democracia Ourensana á alcaldía de Ourense nas eleccións de 2003 e 2007, pero non logrou representación. En 2011 o partido entrou na corporación municipal ó lograr dous concelleiros: Gonzalo Pérez Jácome e Susana Gómez Valencia.
Remove ads
Resultados electorais de Democracia Ourensana
Auria TV
- Artigo principal: Auria TV.
Auria TV é unha canle de ámbito local propiedade de Gonzalo Pérez Jácome, líder de Democracia Ourensana, dispoñible na canle 51 en Ourense[15] que tamén está en YouTube. Foi a primeira cadea de televisión de España en emitir programas en bucle para telos dispoñibles a distintas horas do día.[16] Emite, basicamente, propaganda, roldas de prensa e algúns programas sobre política provincial.[17][16][15]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads