escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Miguel Ángel Fernández Fernández,[1][2] coñecido publicamente como Miguel Anxo Fernández, nado no Carballiño o 20 de setembro de 1955, é un escritor, ensaísta e investigador cinematográfico galego.
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de setembro de 1955 (68 anos) O Carballiño, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Historia da Arte e da Música, comunicación e xornalismo |
Actividade | |
Ocupación | profesor universitario , escritor |
Xénero artístico | Narrativa e ensaio |
Lingua | Lingua galega |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios
| |
Diplomouse como profesor de EXB en Ourense, e licenciouse en Xeografía e Historia, na rama Historia da Arte, Xeografía e Historia de Galicia, e é doutor en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo[3]. Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Arte e da Música, Comunicación e Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é profesor de Comunicación Audiovisual na Facultade de Comunicación de Pontevedra[4], da Universidade de Vigo.
É autor de numerosas obras de historia do cine galego, vicepresidente da Fundación Carlos Velo, director do Ourense Film Festival, e director do curso de extensión universitaria CeMAC (Curso de Medios Audiovisuais de Celanova), que desde 2005 promoven a Fundación Carlos Casares e a Universidade de Vigo.[5] Foi membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega[6]
Membro do equipo coordinador da máster class AUGAL (Audiovisual Galego) en Ciencias Sociais e da Comunicación desde 2010[7]. Pertence á Academia de las Ciencias y las Artes de Televisión[8], á Academia Audiovisual Galega, á Asociación de Escritores en Lingua Galega[9], ó Padroado do Museo do Pobo Galego,[10] ó PEN Clube de Galicia[11] e é vogal da Asociación de Amigos de Otero Pedrayo.
Ten colaborado sobre temas da súa especialidade en revistas galegas como Tintimán, Dorna, Luzes de Galiza, Grial ou Tempos Novos, na española Fotogramas e na portuguesa Cinema. Colaborou tamén na enciclopedia Historia Universal del Cine (Planeta, 1982). Crítico de cine e televisión en Diario 16 (1998-2001). Leva tempo exercendo de crítico de cine e televisión diariamente en La Voz de Galicia, e colaborou tamén no espazo Diario Cultural da Radio Galega.
Foi director da revista Audiovisual Galego (2007-2009)[12] e de revistadoaudiovisualgalego.com (2009-2010).
Foi presentador e director dos programas Galicia no cine e Versión orixinal na TVG (1986-1987) e colaborador do programa Planeta Cine da TVG (2006-2009).
Foi asesor cinematográfico da CRTVG (1985-1987) e asesor cinematográfico da Enciclopedia Galega Universal (Ir Indo, 2001).
Comisariou a mostra única Cinegalicia (Vigo, 1989), na que se presentaron as tres primeiras longametraxes galegas de fición: Sempre Xonxa (Chano Piñeiro), Continental (Xavier Villaverde) e Urxa (Alfredo G. Pinal e Carlos A. L. Piñeiro). Tamén con Xosé Enrique Acuña a exposición O carro e o home. O cine de Antonio Román e Xaquín Lorenzo (Santiago, 2004) para a Xunta de Galicia e o Museo do Pobo Galego.[13]. E ademais a exposición Cinegalicia25 (2014-2015), no Museo Gaiás, Cidade da Cultura, Santiago[14].
Foi Presidente do Cineclube Carballiño (1978-1997)[15], Director das Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia, Xociviga (1984-1996)[15], promotor e primeiro presidente da Federación de Cineclubes de Galicia (1985-1990)[16], Vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual (2002-2006)[17], Coordinador do programa Audiovisual nas Aulas (2003-2010) para o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Consellería de Educación, membro do comité organizador II Congreso Galego do Audiovisual (2004)[18] e membro do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores da Consellería de Educación (2008)[19].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.