Miguel Servet
From Wikipedia, the free encyclopedia
Miguel Servet, chamado tamén Miguel de Villanueva, Michel de Villeneuve ou, en latín, Michael Servetus (o seu nome auténtico era Miguel Serveto y Conesa, alias "Revés"), nado en Villanueva de Sigena, Huesca, o 29 de setembro de 1511[1] e finado en Xenebra o 27 de outubro de 1553, foi un teólogo e científico español.
Nome orixinal | (es) Miguel Serveto y Conesa |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 29 de setembro de 1511 Villanueva de Sigena (pt) |
Morte | 27 de outubro de 1553 (42 anos) Xenebra (Republic of Geneva) |
Causa da morte | Pena de morte (Morte na fogueira ) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España Reino de Francia |
Relixión | Catolicismo e Protestantismo |
Educación | Universidade de París Universidade de Basilea Universidade de Toulouse (pt) |
Actividade | |
Ocupación | médico , cartógrafo , astrónomo , tradutor , teólogo , escritor |
Profesores | Jacobus Sylvius (pt) e Johann Winther |
Lingua | Lingua latina, lingua castelá, lingua francesa, Grego antigo e lingua hebrea |
Os seus intereses abarcaron moitas ciencias: astronomía, meteoroloxía, xeografía, xurisprudenza, teoloxía e o estudo da Biblia, matemáticas, anatomía, fisioloxía e medicina. Parte da súa fama posterior débese ao seu traballo sobre a circulación pulmonar descrita na súa obra Christianismi Restitutio.
Participou na Reforma protestante e desenvolveu unha cristoloxía contraria á Santa Trindade. Repudiado tanto polos católicos como polos protestantes, foi arrestado en Xenebra, sometido a xuízo, e condenado a morrer na fogueira por orde do Consello da cidade, cando nela predominaba a influencia de Calvino.