física estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Mildred Dresselhaus, nada en Brooklyn (Estados Unidos) o 11 de novembro de 1930 e finada o 20 de febreiro de 2017, foi unha física e nanotecnóloga estadounidense coñecida como a "raíña da ciencia do carbono", foi a primeira catedrática e catedrática emérita de Física e enxeñaría eléctrica do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts[1]. Dresselhaus obtivo numerosos premios que inclúen a Medalla Presidencial da Liberdade, a Medalla Nacional de Ciencia, o Premio Enrico Fermi e o Premio Vannevar Bush.
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Mildred Spiewak 11 de novembro de 1930 Brooklyn, Estados Unidos de América |
Morte | 20 de febreiro de 2017 (86 anos) Mount Auburn Hospital (Estados Unidos de América) |
Lugar de sepultura | Cemitério de Mount Auburn (pt) , 3730-927 |
Profesora | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Chicago - Doutora en filosofía (–1958) Universidade Harvard Hunter College (en) Universidade Cornell Hunter College High School (en) Radcliffe College |
Actividade | |
Campo de traballo | Física, física aplicada, enxeñaría eléctrica e Nanotecnoloxía |
Ocupación | física , enxeñeira , profesora universitaria |
Empregador | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts |
Membro de | |
Interesada en | Nanotecnoloxía |
Alumnos | Gregory Timp (en) |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Gene Dresselhaus Frederick Reif |
Premios
| |
Mildred Spiewak era a filla de Ethel (Teichtheil) e Meyer Spiewak, inmigrantes polacos xudeus.[2][3]
Criada no Bronx, graduouse no Hunter College High School. Obtivo a súa licenciatura polo Hunter College en Nova York en 1951, e por consello da futura premio Nobel Rosalyn Yalow continou os seus estudos de física.[4] Realizou estudos de posgrao na Universidade de Cambridge cunha Bolsa Fulbright e na Universidade de Harvard. Conseguiu o seu doutoramento na Universidade de Chicago en 1958, onde estudou baixo o a dirección do premio Nobel Enrico Fermi. Pasou logo dous anos na Universidade Cornell antes de trasladarse ao Laboratorio Lincoln como empregada. Converteuse en profesora visitante do MIT en 1967, en profesora titular en 1968, e en catedrática de Física en 1983. En 1985, converteuse na primeira muller seleccionada coa distinción máis alta do profesorado no MIT.[5][6][7]
Dresselhaus recibiu a Medalla Nacional de Ciencia en 1990 en recoñecemento ao seu traballo sobre as propiedades electrónicas dos materiais e a promoción de oportunidades para mulleres en ciencia e enxeñaría. E en 2005 recibiu o 11º Premio Heinz na categoría de Tecnoloxía, Economía e Traballo.[8][9][10] En 2008 recibiu a Medalla Oersted, e en 2015 a Medalla IEEE de Honra.
De 2000–2001, foi a directora da Oficina de Ciencia no Departamento de Enerxía dos Estados Unidos. De 2003 a 2008, foi a presidenta do consello de goberno do Instituto Estadounidense de Física. Tamén tivo o cargo de presidenta da Sociedade Física Estadounidense, a primeira muller presidenta da Asociación Estadounidense para o Adianto da Ciencia, e tesoureira da Academia Nacional de Ciencias. Dresselhaus dedicou moito tempo a apoiar os esforzos para promover o aumento da participación das mulleres na física.
En 2012 Dresselhaus acadou o Premio Enrico Fermi, xunto a Burton Richter.[11] O 31 de maio de 2012 Dresselhaus recibiu o Premio Kavli, "polas súas contribucións pioneiras no estudo do fonón, as interaccións fonón-electrón, e o transporte térmico nas nanoestructuras."[12][13]
En 2014, recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade.[14]
Dresselhaus distinguiuse en especial polo seu traballo sobre o grafito, os compostos de intercalación do grafito, os fullerenos, os nanotubos de carbono, e o efecto termoeléctrico de baixa dimensión. O seu grupo fixo frecuente uso da estrutura de banda electrónica, o efecto Raman, e a fotofísica das nanoestructuras de carbono. Entre os antigos alumnos de Dresselhaus atópanse recoñecidos científicos materiais tales como Deborah Chung e James S. Speck e físicos notables como Nai-Chang Yeh, Greg Timp, Mansour Shayegan, Lourdes Salamanca Riba, e Ahmet Erbil.
Dresselhaus explorou o potencial dos nanotubos de carbono.[15] Os seus máis de 1700 traballos na materia e a coautoría de oito libros merecéronlle o apoio de Raíña do Carbono.[15]
Hai varias teorías físicas que reciben o nome de Dresselhaus. O modelo Hicks-Dresselhaus (L. D. Hicks e Dresselhaus) .[16] O modelo SFDD (Riichiro Saito, Mitsutaka Fujita, Xene Dresselhaus, e Mildred Dresselhaus) que foi o primeiro en predicir as estruturas de banda dos nanotubos de carbono.[17] O efecto Rashba-Dresselhaus refírese á interacción orbito-xiratoria modelada por Gene Dresselhaus, o marido de Mildred Dresselhaus.
En 2017 Dresselhaus apareceu nun anuncio para a campaña de General Electric co fin de conseguir 20 000 mulleres en STEM para 2020.[18]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.