Mondariz

concello da comarca do Condado, na provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia

Mondarizmap

Mondariz é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2022 tiña 4.448 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é mondaricense.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Modelo:Xeografía políticaMondariz
Thumb
Thumb

Localización
Thumb Editar o valor en Wikidata Thumb
 42°14′21″N 8°27′12″O
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
CapitalMondariz Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación4.444 (2023) Editar o valor en Wikidata (51,79 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie85,8 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude114 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
 Alcalde Editar o valor en WikidataXoán Carlos Montes Bugarín (2023–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Mondariz Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36870 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE36030 Editar o valor en Wikidata

Páxina webmondariz.gal Editar o valor en Wikidata
Pechar

Xeografía

Mondariz ten unha superficie de 85,8 km². Está situado ao suroeste da serra do Suído, no sur da provincia de Pontevedra. Limita ao norte con Fornelos de Montes e Pazos de Borbén, ao leste con Covelo, ao sur coa Cañiza e Salvaterra de Miño, e ao oeste con Mondariz-Balneario, Ponteareas e Pazos de Borbén.

Está sucado polo río Tea, que forma un val moi pronunciado. Os seus afluentes máis importantes son pola dereita o Caraño, Alén e o Aboal (tamén chamado Asaar), e pola esquerda o Lougariños e o Xabriña. O cumio máis alto do municipio é o Coto de Eira, de 881 m.

O concello ten 12 parroquias. Dúas delas, Queimadelos e Vilasobroso, son entidades locais menores.

Demografía

En 2022 tiña 4.448 habitantes, pero a poboación está moi diseminada en núcleos reducidos e distantes entre si. As zonas urbanas máis consolidadas son a vila que dá nome ao concello, e Vilasobroso, 4 km ao sur.

Censo Total (Habitantes) 4.742 (2014)
Menores de 15 anos 467 (9.85 %)
Entre 15 e 64 anos 2.875 (60.63 %)
Maiores de 65 anos 1.400 (29.52 %)
Evolución da poboación de Mondariz   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.213 6.687 7.093 6.443 5.320 5.259 5.081 4.841 4.800 4.742 4.665 4.647 4.548 4.496 4.440
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Na Idade Moderna as terras pertencían ao señorío de Sobroso. O marquesado de Sobroso foi concedido por Filipe IV de España o 18 de maio de 1625. Durante o reinado de Afonso XIII, os veciños da parroquia de Vilasobroso solicitaron constituírse como entidade local menor, sendo recoñecida como tal polo pleno municipal o 13 de setembro de 1924.

A parroquia de Queimadelos solicitou constituírse como ELM durante a II República, sendo recoñecida o 21 de febreiro de 1935.

Cultura

Toponimia

O topónimo Mondariz semella ter orixe xermánica. Porén, existen varias hipóteses sobre a súa orixe: antropónimo xermano en xenitivo Munderici; Mondariz < composto “monte + de + antropónimo xermano en xenitivo Alarici”; ou Mondariz < composto “monte + de + topónimo prerromano en xenitivo Ariti”[1].

Patrimonio

Patrimonio arquitectónico

Castelo de Sobroso
Artigo principal: Castelo de Sobroso.

O castelo de Sobroso está xunto ao monte Landín, nas inmediacións do concello de Ponteareas que ten a súa propiedade. Desde el divísase o sur do Condado e o val do río Miño alén da fronteira con Portugal. Ten a súa orixe no século XII, en 1130.

Ponte románica de Cernadela
Artigo principal: Ponte de Cernadela.
Thumb
Ponte de Cernadela.

Está situada na parroquia de Riofrío, no lugar de Cernadela, sobre o río Tea. A construción servía de paso cara ás diferentes feiras. Augas arriba existe unha praia fluvial.

Escudo

Sobre cartela, escudo medio partido e cortado: 1º: En campo de prata unha fonte de ouro aclarada de azur. 2º: En campo de azur un monte de sinople, sumado todo el dunha muralla de ouro mazonada, sumada pola sinistra da torre e outra muralla. 3º: En campo de azur unha ponte de tres arcos apuntados. Acolado da cruz de Santiago. Ó timbre coroa real pechada.

Refraneiro
  • Imos con ledicia/ que vén a par noso/ a Virxe bendita/ de Vilasobroso [2].
Cantigueiro

As fontes non especifican a que Portela se refiren as cantigas, polo que non é posible sabelo. Pero agrúpanse aquí polo denominado Carballo do Campo, un carballo excepcional que se levanta no lugar da Portela, parroquia de Sabaxáns, no concello de Mondariz, incluído dentro do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia desde 2011. A árbore ten unha altura de 35,80 m e un diámetro do fuste de 3,75 m (a 1,30 m de altura) [3].

  • Ó carballo da Portela/ pónselle a folla vermella: foi que veu por riba dil/ o demo dunha centella [4].
  • O carballo da Portela/ ten a folla revirada/ que lla revirou o vento/ unha mañán de xiada [5].
  • O carballo da Portela/ ten a folla revirada,/ que lla revirou o vento/ nunha mañá de xiada [6].
  • O carballo da Portela/ ten tres carros de madeira,/ un é meu e outro é teu,/ outro é de quen o queira [7].
  • O carballo da Portela/ xa non ten folla ningunha/ porque llas levou o vento/ seica todas, unha a unha [6].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Mondariz.

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Mondariz

Frades (San Martiño) | Gargamala (Santa María) | Lougares (San Fiz) | Meirol (Santo André) | Mondariz (Santa Baia) | Mouriscados (San Cibrán) | Queimadelos (Santa María) | Riofrío (San Miguel) | Sabaxáns (San Mamede) | Toutón (San Mateo) | Vilar (San Mamede) | Vilasobroso (San Martiño)

Lugares de Mondariz

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mondariz vexa: Lugares de Mondariz.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.