Concellos de Galicia

entidade territorial administrativa en Galicia From Wikipedia, the free encyclopedia

Concellos de Galicia
Remove ads

En Galicia hai 313[1] concellos, que é a administración básica máis próxima á cidadanía. Deles 93 pertencen á provincia da Coruña, 67 á de Lugo, 92 á de Ourense, e 61 concellos están en Pontevedra. Desde 1989 están asociados na Federación Galega de Municipios e Provincias.

Thumb
Mapa das parroquias de Galicia e límites de concello.

Con respecto aos demais concellos do Estado, os galegos son grandes en extensión e especialmente en poboación, pois só 21 teñen menos de 1000 habitantes (conforme o censo de 2011). Consecuentemente, a densidade de poboación de Galicia é maior cá media de España, máis especialmente na costa occidental.

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 986 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 219 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Thumb
Mapa dos concellos de Galicia coa poboación de 2010.
Thumb
Mapa dos concellos de Galicia coa poboación de 2021
Remove ads

Historia

En xeral, a organización actual dos concellos obedece ao proxecto de organización territorial de España de 1822, logo confirmada na división territorial de España en 1833. Abandonouse a estrutura do antigo réxime e desapareceron concellos (por exemplo, o de Cereixa na actual Pobra do Brollón[2]), cando o territorio estaba organizado en xurisdicións, e adoptouse o modelo francés, que incluíu as provincias e os concellos.

Co tempo, algunhas vilas e cidades foron anexionando concellos limítrofes: Vigo absorbeu os municipios de Bouzas (1904), Teis e Lavadores (1941); A Coruña o concello de Oza en 1912; Ourense absorbeu Canedo en 1943; Santiago de Compostela anexionou Conxo (1925) e A Enfesta (1962); Pontevedra sumou Alba (1868), Salcedo e Mourente, Xeve (1944) e Ponte Sampaio (1960); Ferrol incluíu Serantes en 1940; Vilagarcía de Arousa sumou O Carril e Vilaxoán en 1913; Celanova anexionou Vilanova dos Infantes (1927) e Acevedo do Río (1967). En 1927 o concello de Moreiras integrouse no de Xinzo de Limia.

En 1835 o concello de Agolada creouse ao se xuntar o de Ventosa-Borraxeiros e mais o de Basadre.[3] En 1836 o concello de Rianxo absorbeu os de Asados e Taragoña[4]. En 1837 uníronse os concellos de Coutos de Vega e Oca, Viso, Codeseda e Vea con Tabeirós, dando lugar ao concello de Cereixo, con sede en Pernaviva, mais en 1841 o municipio mudou o seu nome polo da Estrada ao mudar a capital. En 1845 uníronse os concellos de Conforto e Miranda, creando o novo concello de Vilaoudriz. En 1853 o concello de Silleda tomou este nome ao mudarse a esta vila a capital desde Chapa. Entre 1840 e 1874 o concello do Incio tivo a súa capital en Rendar, con ese nome[5]. A finais do século XIX Caldas de Reis anexionou o concello de Saiar, e en 1904 o concello de Setados pasou a ter a capital nas Neves.

En 1916 un Real Decreto provocou o cambio de nome de quince concellos galegos, para evitar homonimias con outros de todo o Estado español.[6] É o caso de Oza (Oza dos Ríos), Paderne (Paderne de Allariz), Vilameá (Villameá de Ramiranes, Vilameá de Ramirás), Antas (Antas de Ulla), Campo (Campo Lameiro), Cea (San Cristóbal de Cea, San Cristovo de Cea), Malpica (Malpica de Bergantiños), Monforte (Monforte de Lemos), Salceda (Salceda de Caselas), Viana (Viana del Bollo, Viana do Bolo), Acevedo (Acebedo del Río, Acevedo do Río), Nogales (Los Nogales, As Nogais), Salvaterra (Salvaterra de Miño), Vilamartín (Villamartín de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras) e Vilanova dos Infantes (Vilanova).

En 1924 Mondariz-Balneario constituíuse como concello de seu, independizándose do de Mondariz. Até 1925 o concello da Proba de Burón abrangueu os actuais municipios da Fonsagrada e Negueira de Muñiz. Nese mesmo ano Pontecesures independízase de Valga, e Rábade segregouse de Begonte. En 1926 creouse o concello de Ramirás ao se fusionaren Freás de Eiras con Vilameá de Ramirás.

En 1944 o concello de Carbia pasou a chamarse Vila de Cruces, ao pasar a este lugar a capitalidade, e en 1945 o concello de Trasparga pasou a chamarse Guitiriz. En 1950 o concello de Vilameá mudou o seu nome polo de Puente Nuevo, fusionándose á súa vez en 1963 con Vilaoudriz co nome da Pontenova. En 1952 Riobarba pasou a denominarse Vicedo, e desde 1983 O Vicedo. En 1960 o concello de Val do Dubra toma este nome ao mudarse alí a capital desde Buxán. En 1974 Neira de Xusá pasou a chamarse Baralla.

En xullo de 1982 as parroquias de Goente, Bermui, Espiñaredo, San Pedro de Eume, Ribadeume, A Faeira e Seoane, pasaron do concello da Capela ao das Pontes de García Rodríguez.

En 1988 o concello de Cariño segregouse de Ortigueira, En 1995 Burela separouse de Cervo, e en 1997 A Illa de Arousa independizouse de Vilanova de Arousa. No ano 2012 os concellos de Oza dos Ríos e Cesuras iniciaron un proceso de fusión, culminado en xuño de 2013 coa creación do concello de Oza-Cesuras. O 22 de setembro de 2016 creouse o concello de Cerdedo-Cotobade, formado pola fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.[7]

Moitos dos concellos reciben o seu nome da cidade ou vila principal. Outros municipios mudaron a súa capital, polo que o topónimo do concello non se corresponde co lugar onde está a casa consistorial. Noutros casos o nome do concello non se corresponde co dunha entidade de poboación concreta, como no caso de Alfoz ou O Saviñao.

Remove ads

Lista de concellos

(Véxase tamén Lista de concellos galegos por poboación)

Máis información Concello, Habitantes (2017) ...
Remove ads

Listas de concellos por provincias

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads