Mundial de Fútbol de 1934
evento futbolístico internacional cuatrianual / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Mundial de Fútbol de 1934 (en italiano: Campionato Mondiale di Calcio 1934) foi a segunda edición do campionato do mundo de seleccións internacionais de fútbol asociación, a Copa do Mundo FIFA. Xogouse en Italia entre o 27 de maio e o 10 de xuño de 1934. Para este torneo trinta e catro asociacións solicitaron participar, polo que esta vez realizáronse eliminatorias preliminares para determinar as dezaseis seleccións participantes.[1] Só participaron catro equipos non europeos: a Arxentina, o Brasil, Estados Unidos e Exipto, que foi a primeira selección africana en participar do certame.
Nome na lingua orixinal | (it) Campionato Mondiale di Calcio 1934 |
---|---|
Tipo | Copa do Mundo de Fútbol |
Organizador | FIFA |
Número de participantes | 16 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | Estádio Giuseppe Grezar (pt) (Trieste) Estadio Giuseppe Meazza (Milán) Estádio Olímpico de Turim (pt) (Turín) Estadio Renato Dall'Ara (Boloña) Estadio Luigi Ferraris (Xénova) Estádio Artemio Franchi (pt) (Florencia) Estádio Nacional do PNF (pt) (Roma) Estádio Giorgio Ascarelli (pt) (Nápoles) |
País | Italia |
Intervalo de tempo | 27 de maio de 1934 – 10 de xuño de 1934 |
Número de edición | 2 (1934) |
Competición | |
Primeiro posto | Italia |
Datos estatísticos | |
Partidos | 17 |
Goles | 70 |
Gol | Oldřich Nejedlý↔ Selección de fútbol de Checoslovaquia (5) |
Número de espectadores | 358.000 |
O campión foi Italia que se impuxo a Checoslovaquia na final por 2 a 1. Como protesta ao boicot do torneo anterior, Uruguai negouse a participar e converteuse no único equipo campión que non defendeu o seu título. Nesta edición o torneo sufriría un cambio de formato, substituíuse a fase de grupos por dúas fases de eliminación directa. Os partidos definiríanse en 90 minutos, cunha prórroga en caso de empate. Se o partido continuaba empatado logo dos 120 minutos, xogábase un partido desquite en lugar dunha rolda de penaltis. O torneo foi utilizado por Benito Mussolini como propaganda fascista,[2] do mesmo xeito que o faría Adolf Hitler cos Xogos Olímpicos de 1936.[3]