N-formilmetionina
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
A N-formilmetionina (fMet)[1] é un derivado de aminoácido proteinoxénico. Deriva do aminoácido metionina pola unión dun grupo funcional formilo ao seu grupo amino. Utilízase especificamente para a iniciación da síntese de proteínas nos ribosomas de bacterias e orgánulos eucariotas con ribosomas e ADN propios como as mitocondrias e cloroplastos (pero non noutros ribosomas). Este aminoácido pode ser eliminado posteriormente por modificación postraducional.
N-Formilmetionina | |
---|---|
Ácido (S)-2-formilamino-4-metilsulfanilbutanoico | |
Outros nomes áqcido 2-formilamino-4-metilsulfanil-butírico; formilmetionina; N-formil(metil)homocisteína | |
Identificadores | |
Abreviaturas | fMet |
Número CAS | 4289-98-9 |
PubChem | 911 |
UNII | PS9357B4XH |
Número CE | 224-322-8 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C6H11NO3S |
Masa molar | 177,22 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A N-formilmetionina é fundamental para a síntese de proteínas en sistemas de ribosomas de tipo bacteriano, como os das bacterias, mitocondrias e cloroplastos, pero non se usa para esta función nos ribosomas eucariotas do citosol ou unidos ao retículo endoplasmático rugoso, que traducen os ARNm procedentes de xenes nucleares, nin tampouco se usa en arqueas. As proteínas bacterianas empezan a súa síntese por N-formilmetionina e as arqueanas e eucariotas por metionina (coa excepción de mitocondriase cloroplastos). O corpo humano recoñece este aminoácido como material alleo, polo que estimula unha resposta inmunitaria.