xornalista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Nacho Carretero Pou, nado na Coruña en 1981, é un xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1981 (42/43 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Campo de traballo | Xornalismo, Escrita creativa e profesional, Reportaxe e literatura de non ficción |
Ocupación | xornalista , produtor , escritor , xornalista de televisión |
Empregador | El País |
Lingua | Lingua castelá |
Obra | |
Obras destacables
| |
Comezou a traballar en redaccións de varios medios e despois pasou a ser freelance para medios como JotDown[1], XL Semanal, Gatopardo ou El Mundo. Realizou reportaxes sobre o narcotráfico en Galicia, o xenocidio de Ruanda, o virus Ebola en África, a guerra de Siria, a Vaga de incendios forestais de 2017 en Galicia[2] ou o Deportivo da Coruña.
Do seu libro sobre o narcotráfico en Galicia, Fariña (2015), fíxose unha serie de televisión co mesmo nome (Fariña) estreada en Antena 3 o 28 de febreiro de 2018,[3] unha semana despois de que o libro sufrira un secuestro cautelar por orde da xuíza de Collado Villalba Alejandra Pontana, logo de que o exalcalde do Grove Alfredo Bea Gondar denunciase o autor por suposta vulneración do seu dereito á honra.[4] O libro colocouse no número un de vendas e a serie acadou unha grande audiencia.[5][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.