Nakalipithecus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Nakalipithecus é un xénero de primates fósiles que contén unha única especie, Nakalipithecus nakayamai. É un gran simio que viviu na rexión africana que hoxe é Kenya nos inicios do Mioceno Tardío, hai 10 millóns de anos.[1][2] Este simio foi descrito a partir dunha mandíbula fósil e once dentes illados desenterrados en 2005 por un equipo de investigadores xaponeses e kenyanos en depósitos de fluxos de barro da rexión de Nakali no norte da Provincia do Rift Valley de Kenya,[1][2] ao que se debe o nome científico do xénero, que significa "mono de Nakali". O nome específico refírese a un xeólogo xaponés que morreu mentres estaba traballando no proxecto.[3]
Nakalipithecus nakayamai Rango fósil: Tortoniano (9,9-9,8 Ma) | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Nakalipithecus nakayamai Kunimatsu et al 2007. |
de tipo humano
Os dentes fósiles estaban cubertos de groso esmalte, o que suxire que a dieta deste hominoide incluía unha considerable cantidade de alimentos duros, posiblemente noces ou sementes. Segundo os investigadores da Universidade de Quioto, o Nakalipithecus é moi próximo ao último antepasado común de gorilas, chimpancés, e humanos. Pode, por tanto, considerarse un membro basal dos Homininae, antes de que estes se dividisen nas tres liñaxes que viven hoxe. O Nakalipithecus tamén lembra ao xénero Ouranopithecus, outro homínido prehistórico atopado en Grecia.[1]
A importancia evolutiva do Nakalipithecus é dobre: primeiro, xunto co Ouranopithecus é unha proba de que as liñaxes de Homininae actuais non diverxeron antes de hai uns 8 millóns de anos. Segundo, apoia a teoría de que os antepasados máis próximos dos humanos evolucionaron en África. O punto de vista alternativo, que os grandes simios de tipo moderno se extinguiron en África e que os Homininae eran orixinalmente unha liñaxe asiática, que posteriormente colonizou África, é difícl de reconciliar coa presenza xa no Mioceno Tardío deste hominino basal en África.[4]