Novo Brunswick
provincia do Canadá / From Wikipedia, the free encyclopedia
Novo Brunswick[1] (en inglés: New Brunswick; en francés: Nouveau-Brunswick) é unha das dez provincias do Canadá, parte das Provincias Marítimas e das Provincias Atlánticas. Novo Brunswick, é a única provincia canadense que posúe o inglés e o francés como linguas oficiais.[2]
New Brunswick (en) Nouveau-Brunswick (fr) | |||||
Lema | «Spem reduxit» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Símbolo oficial | Poecile atricapillus (pt) Abies balsamea Viola Holmesville Soil Series (en) | ||||
Nomeado en referencia a | Ducado de Brunsvique-Luneburgo (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Canadá | ||||
Capital | Fredericton (pt) | ||||
Escindido de | Nova Scotia (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 760.868 (2017) (10,44 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa lingua francesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 72.908 km² | ||||
Bañado por | Golfo de San Lourenzo, Baía de Fundy e Estreito de Northumberland (pt) | ||||
Punto máis alto | Mount Carleton (en) (817 m) | ||||
Punto máis baixo | Baía de Fundy (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xullo de 1867 | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | democracia parlamentaria | ||||
• Monarca | Carlos III do Reino Unido | ||||
Órgano executivo | Government of New Brunswick (en) | ||||
• Premier of New Brunswick (en) | Blaine Higgs (pt) (2018–) | ||||
Órgano lexislativo | Legislature of New Brunswick (en) , | ||||
PIB nominal | 37.555.000.000 $ (2020) | ||||
Moeda | Dólar canadense | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | E | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | CA-NB | ||||
Páxina web | gnb.ca | ||||
A maior parte de Novo Brunswick está cuberto por bosques. A silvicultura é unha das principais fontes de renda da provincia. Novo Brunswick é unha das maiores produtoras de madeira do Canadá, así como a maior produtora de papel de periódico do país. As fontes de renda mais importantes de Novo Brunswick son a manufactura, o turismo, a silvicultura, a minería e a pesca.
Novo Brunswick foi orixinalmente colonizada polos franceses, e formou parte da colonia francesa de Acadia, parte de Nova Francia. En 1763, baixo os termos do Tratado de París, os franceses cederon a rexión da actual Novo Brunswick aos británicos. Estes puxeron á rexión o seu nome actual, en homenaxe ao rei Xurxo III do Reino Unido —descendente da familia real británica Brunswick-Lüneburg. Novo Brunswick estaba entón relativamente pouco poboada por colonos europeos —principalmente franceses— ata finais da década de 1770. A Revolución americana de 1776 fixo que preto de 14 mil habitantes das Trece Colonias, leais á coroa británica —e por isto, denominados loyalists (lealistas)—, emigraran á rexión, dando a Novo Brunswick o alcume de The Loyalist Province (A Provincia Lealista).
O 1 de xullo de 1867, Novo Brunswick, xuntamente con Nova Escocia e a provincia do Canadá (actuais provincias de Ontario e Quebec), independizouse do Reino Unido. Xuntamente con Nova Escocia, Ontario e Quebec, Novo Brunswick é unha das catro provincias orixinais da Confederación Canadense.