From Wikipedia, the free encyclopedia
Os novos movementos relixiosos son grupos relixiosos, éticos e espirituais de recente creación que non se integraron en ningunha das relixións anteriormente existentes nin tampouco foron recoñecidos coa denominación de Igrexa ou corpo relixioso.
A expresión inventouna a socióloga británica Eileen Barker entre outras razóns para substituír o termo seita, que era a palabra usada até ese momento para referirse a estes grupos relixiosos, pero que chegara a ter un significado pexorativo tras os debates dos anos 70 do século XX[1].
Nesta definición, o adxectivo novo utilízase tanto no sentido de orixe recente como para expresar a súa diferenza fronte ás relixións preexistentes.
Algúns estudantes, especialmente de socioloxía e teoloxía, utilizan o termo "novos movementos relixiosos" para referirse a calquera relixión non recollida nas principais correntes relixiosas. Porén, outros utilizan este termo para referirse ás relixións de carácter benigno, mentres que reservan o termo de "seita" para outro tipo de grupos de carácter relixioso, psicoterapeuta, político e incluso comercial, que consideraban extremadamente manipuladores e explotadores.
A utilización do termo está controvertido por varias razóns. Por unha parte, sobre o carácter "novo" (de recente orixe). Xeralmente as denominacións cristiás aparecidas antes do século XIX non están recollidas neste grupo de "novas relixións", pero non sempre, e así o emprego da expresión para designar certos movementos relixiosos minoritarios tales como as Testemuñas de Xehová ou os mormóns é discutíbel, porque existen desde o século XIX [1].
Aínda máis. Algúns autores establecen que se utiliza para referirse ás relixións xurdidas do novo contexto mundial tras a segunda guerra mundial. Pero outros, remóntanse á fe Bahai do século XIX, mentres que outros o fan a partir da relixión Sikh do século XVII.
Por outra parte, a palabra "relixioso" ten igualmente un problema: rexéitana certos movementos que definen as súas prácticas como espirituais, e non relixiosas [2]; pola contra, os adversarios da ciencioloxía néganlle a esta calquera carácter relixioso.
Pese a estes defectos, a expresión emprégase pola maior parte dos sociólogos [3][4] e universitarios [5].
Actualmente aínda non rematou o debate académico entre as palabras seita e novo movemento relixioso.
Novo no sentido de "diferente ás demais relixións" non presenta ningún tipo de discordia entre os expertos. Algúns autores tamén consideran a grupos que, se ben pertencen a unha das relixións recoñecidas, se consideran relixións separadas, ou non se integran baixo a mesma denominación.
Segundo os seus detractores, a utilización deste termo é un medio para que as seitas destrutivas adquiran unha imaxe respectábel.[6]
As novas relixións son moi diferentes en canto ás súas crenzas, prácticas, formas de organización e aceptación social. Algúns autores, como Irving Hexham e Karla Poewe, propuxeron denominar ás novas relixións como subculturas globais, sobre todo en casos nos que un grupo logrou integrantes de varias nacións.
En xeral, o número de persoas pertencentes ás novas relixións é moi inferior ao dos fieis das grandes relixións. Porén, as novas relixións gañaron moitos adeptos en África, Xapón e a Melanesia.
En África documentouse a aparición dunhas 6000 novas igrexas indíxenas desde os anos 60 do século XX. No Xapón xurdiron novas relixións baseadas no xintoísmo e o budismo, algunhas no século XIX durante a dinastía Meiji, e outras a raíz do final da II Guerra Mundial.
Ao redor do 25 % das relixións do mundo encóntranse na Melanesia, é dicir, en arquipélagos tales como Papúa Nova Guinea, as Illas Salomón, Vanuatu e Fidxi. A isto débese a importancia das novas relixións neste importante foco de diversidade cultural.
Na época da súa creación, as máis das grandes relixións actuais tamén se consideraban "novas relixións. Por exemplo, o cristianismo foi considerado tanto polo Xudaísmo como pola cultura romana como un sacrilexio ás doutrinas existentes. Á súa vez, o protestantismo considerouse unha "nova relixión" escindida do catolicismo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.