Sikhismo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O sikhismo[1] (en panxabí: ਸਿੱਖੀ sikkhī, do sánscrito: 'śiṣya' 'aprendiz', ou śikṣa 'instrución'[2][3]), tamén coñecido tradicionalmente como gurmat (literalmente, 'o consello dos gurús) ou dharma sikh (doutrina dos sikhs), é unha relixión monoteísta que se desenvolveu durante o século XV na rexión do Panxab[4][5], no contexto do conflito entre o hinduísmo e o islam. Os seguidores do sikhismo chámanse sikhs.

O termo sikh significa en panxabí discípulo forte e tenaz. A doutrina básica do sikhismo consiste na crenza dun único deus e as ensinanzas do gurú Nanak e dos Dez Gurús do sikhismo, recollidas no libro sagrado dos sikhs, o Guru Granth Sahib. Dun monoteísmo estrito, estas ensinanzas son unha síntese do movemento bhakti hinduísta e do sufismo islámico que nega a autoridade dos vedas, abole o sacrificio, o sacerdocio e o sistema de castas. Coas ensinanzas do último gurú Gobind Singh (1666-1708), o seu carácter pacifista transformouse nun espírito militar, rexeitando a doutrina non violenta do ahimsa. Os templos sikhs reciben o nome de gurdwaras e o máis importante é o Templo Dourado da cidade de Amritsar.
Os sikhs cren nun deus chamado Ek Onkar[6], omnipresente e con cualidades infinitas e, en certo xeito, son panteístas[7]. Tamén cren na reencarnación, mais aceptan outras crenzas para despois da morte. Practican as virtudes da caridade, amabilidade e humildade contra os vicios da ira, gula e luxuria. Manteñen que hai igualdade entre todas as persoas (son contrarios ao sistema de castas da India) e procuran un estilo de vida chamado Chardi Kala, que se considera positivo e optimista[8].
É a quinta relixión máis importante do mundo por número de fieis, cun número estimado de 25 millóns de crentes en todo o mundo. A maior parte deles (o 75%) viven na rexión india do Panxab, onde representan o 60% da poboación, mais tamén hai comunidades sikhs importantes nos Estados Unidos, no Reino Unido, no Canadá, en Malaisia e en Singapur[9][10].
Remove ads
Os 10 gurús

As ensinanzas dos Dez Gurús sikhs (así como doutros sabios hindús e musulmáns) están contidas no Gurú-grant-sahib.
Remove ads
Crenzas e ritos
Os sikhs cren nun deus panteísta, ou máis exactamente panenteísta. A primeira frase de todas as escrituras sikhs son dúas palabras, que reflicten a base das ensinanzas: «Ik Onkar» ("[hai] un só deus"), en punjabí, aínda que ten a súa orixe no vocábulo sánscrito «eka omkara» ("un só son om"), sendo
- eka: "un" (número);
- om, un mantra que representa o Brahman (o deun non-persoa do hinduísmo); e
- kara: ‘letra’.
ੳ (onkar): representa a Deus ou o poder trascendental. Trátase da letra ura (a primeira letra do alfabeto gurmují), mais cunha cola estendida. Pronúnciase |onkar| e representa todo o poder do universo, controlado por deus.
Segundo Bhai Gurdas, «ao escribir “un” (ik, ੧) ao principio, demostrouse que deus (quien subsume todas as formas nel), é un». Nisto diferénciase da Santísima Trindade (un só deus en tres persoas divinas, do cristianismo) ou do Trimurti (os tres deuses principais do hinduísmo).
Os cinco K ou artigos de fe

- Kesh: cabelos longos sen cortar.
- Khanga: un pequeno peite de madeira para recoller o cabelo.
- Kara: un brazalete metálico.
- Kachera: roupa interior de algodón.
- Kirpan: nas súas orixes era unha espada cerimonial, mais hoxe en día non é máis que unha daga pequena. Simboliza o poder e a liberdade do espírito, o autorespecto, a loita constante do ben e a moralidade sobre a inxustiza. O kirpan nunca se pode desenvaiñar para atacar, mais pode ser usado para autodefensa ou protexer a outro.
Khanda, o emblema sikh

Este símbolo está formado por tres armas, o khanda, situado entre dúas espadas curvas chamadas kirpans e un chakkar, arma con forma de disco. Cada arma ten un significado simbólico diferente:
- Khanda: espada recta que simboliza o coñecemento de Deus.
- Kirpans: espadas curvas que representan a soberanía política e espiritual.
- Chakkar: arma en forma de disco que simboliza a unidade de Deus.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads