From Wikipedia, the free encyclopedia
O núcleo terrestre, ou núcleo da Terra, é a súa esfera central, a máis interna das que constitúen a estrutura da Terra.
Está formado principalmente por ferro e níquel. Ten un raio de cerca de 3 500 km, maior que o do planeta Marte. A presión no seu interior é varios millóns de veces á existente na superficie, e a súa temperatura pode superar os 6 700 °C.[1]
Divídese en núcleo externo, líquido, e núcleo interno sólido, separados pola descontinuidade de Lehmann.
Antigamente coñecíase co nome de Nife debido ao seu alto contido en níquel e, sobre todo, en ferro.
Durante a súa formación, hai uns 6 000 millóns de anos, a Terra pasou por unha etapa de fusión, o que permitiu que, debido á acción da gravidade, os materiais máis densos afundiran cara ao centro, mentres que os mái lixeiros subiron cara á codia, un proceso denominado diferenciación planetaria. A causa disto, o núcleo terrestre está composto na súa maior parte por ferro (máis do 70 %), xunto con níquel, iridio e outros elementos pesados; outros elementos químicos densos, como o chumbo ou o uranio, ou son moi raros na Terra, ou son propensos a combinarse quimicamente con elementos máis lixeros, e por tanto permanecen na superficie.
Os metais que conforman o núcleo da Terra fixeron unha aliaxe cando o planeta aínda estaba incandescente, formando así unha estrutura extraordinariamente densa e dura, polo que o noso planeta é o máis denso do sistema solar.
A temperatura da Terra aumenta coa profundidade, fenómeno coñecido como gradiente xeotérmico, e o seu centro estímase que pode superar os 6 700 °C, temoeratura máis elevada que a da superficie do Sol. Suponse que os tres factores que contribuíron á calor interna da Terra foron os seguintes:[1]
Só o terceiro factor permanece activo, e é moito menos intenso que no pasado; a Terra irradia ao espazo máis calor da que se xera no seu interior, polo que arrefría lenta, pero continuamente.
A densidade media da Terra é de 5 515 kg/m3 (5,515 g/cm3), a maior do sistema solar.[2] Dado que a densidade media dos materiais da superficie oscila entre 2 600 - 3.500 kg/m3 (2,6 e 3,5 g/cm3), deben existir materiais moito máis densos no núcleo do noso planeta. A sismoloxía proporxciona outras evidencias da alta densidade do núcleo. Calcúlase que a densidade media do núcleo é de 11 000 kg/m3 (11,00 g/cm3.[1]
Os meteoritos achegan datos sobre a composición do núcleo, xa que se cre que son restos do material a partir do cal se formou a Terra. Hai meteoritos rochosos formados por rochas similares ás peridotitas, e meteoritos metálicos compostos por ferro e níquel; os primeiros considéranse similares ás rochas que forman o manto, mentres que os segundos suponse que son representativos da composición do núcleo. Segundo os últimos datos, o núcleo componse de ferro con 5-10 % de níquel e menores cantidades de elementos máis lixeiros, talvez xofre e oxíxeno.[1]
Os datos sísmicos mostran que o núcleo está dividido en dúas partes, un núcleo externo líquido, de aproximadamente 2 270 km de grosor, e un núcleo interno sólido cun raio duns 1 220 km; ambos están separados pola descontinuidade de Lehmann.
Crese que o núcleo externo é líquido e que está composto por ferro mesturado con níquel e poucos rastros de elementos máis lixeiros. A maioría dos científicos cre que a convección do núcleo externo, combinada coa rotación de dito núcleo causada pola rotación da Terra (efecto de Coriolis), causan o campo magnético terrestre a través dun proceso explicado pola hipótese da dínamo.
O núcleo interno sólido foi descuberto en 1936 por Inge Lehmann e crese que está composto principalmente por ferro, até un 70 %, níquel (20 %) e menores cantidades doutros metais pesados, como iridio, chumbo e titanio; algúns científicos pensan que podería estar na forma dun só cristal de ferro extremadamente duro e pesado que forma unha aliaxe.[3][4] Especulacións recentes suxiren que a parte máis interna do núcleo está arrequecida por elementos moi pesados, de números atómicos por riba de 55, o que incluiría ouro, mercurio e uranio.[5]
O núcleo interno sólido está demasiado quente como para soster un campo magnético permanente [6] pero probabelmente actúa como un estabilizador do campo magnético xerado polo núcleo externo líquido.
Evidencias recentes suxiren que o núcleo interno da Terra podería rotar lixeiramente máis rápido que o resto do planeta.[7] En agosto de 2005 un grupo de xeofísicos anunciou na revista Science que, de acordo cos seus cálculos, o núcleo interno da Terra rota en dirección oeste a leste aproximadamente un grao por ano máis rápido que a rotación da superficie; así, o núcleo fai unha rotación extra aproximadamente cada 400 anos.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.