raíña consorte dos helenos (1867-1913) From Wikipedia, the free encyclopedia
A Gran Duquesa Olga Constantinovna de Rusia (en ruso: Великая Княжна Ольга Константиновна). Nada o 3 de setembro de 1851 e finou o 18 de xuño de 1926. Foi a Raíña Consorte de Grecia durante o reinado de Xurxo I de Grecia, e rexente de Grecia en 1920. É a avoa de Filipe, duque de Edimburgo e marido da raíña Isabel II.
Naceu en Pavlovsk e foi filla do Gran Duque Constantino Nikolaevich de Rusia e da Gran Duquesa Alexanda Iosifovna, foi neta do tsar Nicolao I de Rusia e prima de Alexandre III de Rusia. O rei de Grecia, Xurxo I visitou Rusia en 1863 para agradecer ó seu tío Alexandre II o seu apoio na súa elección para o trono de Rusia. Foi neste momento cando Olga coñeceu o seu futuro marido.
Xurxo volveu visitar Rusia outra vez no 1867, para reunirse coa súa irmá Dagmar, que casara co seu primo Alexandre III un ano antes. Olga e Xurxo namoráronse e casaron o 27 de outubro de 1867, cando ela tiña 16 anos. A raíña Olga era unha descendente directa da Emperatriz Bizantina Euphrosyne Doukaina Kamatera (1155–1211), consorte do Emperador Alexios III Angelos que reinou entre 1195-1203.
Olga foi moi popular en Grecia e estivo moi envolta nas tarefas de caridade, traballando tanto no Hospital Evangelismos, o máis grande de Grecia, e no Hospital Ruso en Piraeus. No 1898, insistiu en seguir coas súas tarefas sen protección militar, incluso despois de que dispararan ó seu marido e a súa filla.
Cando o seu neto Alexandre I finou o 25 de outubro de 1920, o goberno grego ofreceulle o trono o seu irmán, Paulo. Este rexeitou o cargo, alegando que o seu pai Constantino e o seu irmán Xurxo aínda vivían. O goberno nomeou entón como rexente a Olga, que estivo no cargo ata que o seu fillo Constantino volveu ó trono de Grecia tras un plebiscito.
Finou en Roma, onde vivía a familia real grega no exilio, coa restauración da monarquía en Grecia (1935) foi trasladada a Tatoi o 17 de novembro de 1936.
Olga e Xurxo tiveron oito fillos:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Olga Constantinovna de Rusia |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.