Filipe de Edimburgo
Príncipe consorte do Reino Unido (1952-2021). Duque de Edimburgo From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O príncipe Filipe, duque de Edimburgo, nado co nome de Filipe de Grecia e Dinamarca en Mon Repos (Corfú, Grecia) o 10 de xuño de 1921 e finado o 9 de abril de 2021 en Windsor[1], foi un nobre británico de orixe grega, esposo da raíña Isabel II do Reino Unido. Ostentou ademais os títulos de conde de Merioneth, barón Greenwich, cabaleiro da Orde da Xarreteira, cabaleiro da Orde do Cardo, chanceler da Orde do Imperio Británico e membro da Gran Loxa Unida de Inglaterra.
Remove ads
Remove ads
Traxectoria
Era fillo de Andreas de Grecia e Dinamarca e de Alicia de Battenberg. Neto do Rei dos Helenos, Xurxo I, e sobriño do rei Constantino I, era tamén neto de Cristián IX de Dinamarca. No momento do seu nacemento era o sexto na liña de sucesión do trono de Grecia, mais, en 1922 a derrota na Guerra Greco-Turca (1919-1922) fixo que a súa familia fuxise do país. De feito, o pequeno Filipe foi escondido nunha caixa de laranxas e embarcado nun barco británico para saír de Corfú[2]. A familia exiliouse en París, en Saint Cloud, onde Filipe foi educado nun colexio estadounidense "The Elms" ata 1928[3], cando foi enviado a Gran Bretaña coa súa avoa materna, Vitoria Mountbatten. Dende entón viviu distanciado dos seus pais, a nai, a princesa Alicia foi diagnosticada de esquizofrenia e internada en Suíza, e Filipe foi enviado a internados, primeiro en Alemaña, onde residían as súas irmás, e logo en Escocia[2]. En 1939 ingresou como cadete no Royal Naval College pois o seu tío Lord Mountbatten insistíralle en que se enrolase na mariña británica. Filipe serviu logo na armada durante a segunda guerra mundial no Mediterráneo, destacando o desembarco de Creta e Sicilia[4], e no Pacífico, onde viu a rendición do Xapón en agosto de 1945[5].
Nunha visita da familia real á Royal Naval College en 1939, Filipe coñeceu a Isabel, filla e herdeira do rei Xurxo VI do Reino Unido[6]. Ela quedou moi impresionada por Filipe e durante os anos da guerra mantiveron o seu contacto mediante cartas[7]. O seu compromiso foi anunciado en 1947 e casaron na Abadía de Westminster. Antes do seu matrimonio, Filipe renunciara aos seus títulos gregos e daneses, adoptou o apelido Mountbatten e bautizárase na Igrexa Anglicana. Ademais, Xurxo VI nomeouno duque de Edimburgo, conde de Merioneth e barón Greenwich, outorgándolle o tratamento de Alteza Real.
Logo do matrimonio, Filipe compaxinou o traballo na mariña británica xunto coas súas responsabilidades como membro da familia real ata que en 1951 se retirou da vida militar. En 1952 asumiu o papel de consorte da raíña, aínda que as súas responsabilidades e tratamento foron cuestións polémicas pola súa vontade de desenvolver un papel máis activo. En 1957, Filipe foi nomeado Príncipe do Reino Unido pola raíña Isabel II.
Á parte dos seus deberes reais, o duque de Edimburgo foi patrocinador de moitas organizacións, entre elas os Premios Duque de Edimburgo e o Fondo Mundial para a Natureza do que foi presidente da sección británica entre 1961 e 1982 e a nivel internacional entre 1982 e 1996[8]. Ademais foi reitor da Universidade de Cambridge e da Universidade de Edimburgo (a súa filla Ana relevoulle neste último cargo en 2011[9]). En concreto, dedicouse a intentar que a humanidade tome conciencia da súa relación co medio ambiente desde que visitou as illas Sandwich do Sur en 1956. Publicou escritos e realizou charlas sobre temas do medio ambiente ao longo de máis de medio século.
En 2017 anunciouse que o príncipe Filipe deixaría de representar á Coroa en actos oficiais a fins dese verán, o que supuxo a súa retirada da vida pública[10]. En 2020, por causa da pandemia de covid-19, a raíña e o duque de Edimburgo instaláronse no Castelo de Windsor para evitar a enfermidade[11]. A parella real foi vacinada alí a comezos de 2021[12]. En febreiro dese ano foi hospitalizado case un mes en Londres[13]. Finalmente, o seu pasamento produciuse o 9 de abril se 2021[14].
Remove ads
Ascendencia
16. Duque Federico Guillerme de Schleswig-Holstein-Sonderburg-Glücksburg | ||||||||||||||||
8. Rei Christian IX de Dinamarca | ||||||||||||||||
17. Princesa Luísa Carolina de Hesse-Kassel | ||||||||||||||||
4. Rei Xurxo I de Grecia | ||||||||||||||||
18. Príncipe Guillerme de Hesse-Kassel | ||||||||||||||||
9. Princesa Luísa de Hesse-Kassel | ||||||||||||||||
19. Princesa Luísa Carlota de Dinamarca | ||||||||||||||||
2. Príncipe Andreas de Grecia e Dinamarca | ||||||||||||||||
20. Tsar Nicolao I de Rusia | ||||||||||||||||
10. Gran Duque Constantino Nikolaievich de Rusia | ||||||||||||||||
21. Princesa Carlota de Prusia | ||||||||||||||||
5. Gran Duquesa Olga Constantinovna de Rusia | ||||||||||||||||
22. Duque Xosé de Saxonia-Altenburgo | ||||||||||||||||
11. Princesa Alexandra de Saxonia-Altenburg | ||||||||||||||||
23. Duquesa Amelia de Württemberg | ||||||||||||||||
1. Príncipe Filipe, Duque de Edimburgo | ||||||||||||||||
24. Lois II, Gran Duque de Hesse e do Rin | ||||||||||||||||
12. Príncipe Alexandre de Hesse e do Rin | ||||||||||||||||
25. Princesa Guillermina de Baden | ||||||||||||||||
6. Príncipe Lois de Battenberg | ||||||||||||||||
26. Conde Xoán Mauricio de Hauke | ||||||||||||||||
13. Condesa Xulia Teresa de Hauke | ||||||||||||||||
27. Sophie Lafontaine | ||||||||||||||||
3. Princesa Alicia de Battenberg | ||||||||||||||||
28. Príncipe Carlos de Hesse e do Rin | ||||||||||||||||
14. Lois IV, Gran Duque de Hesse e do Rin | ||||||||||||||||
29. Princesa María Isabel de Prusia | ||||||||||||||||
7. Princesa Vitoria de Hesse e do Rin | ||||||||||||||||
30. Príncipe Alberte de Saxonia-Coburgo-Gotha | ||||||||||||||||
15. Princesa Alicia do Reino Unido | ||||||||||||||||
31. Raíña Vitoria I do Reino Unido | ||||||||||||||||
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads