filme de 1959 dirixido por Marcel Camus From Wikipedia, the free encyclopedia
Orfeo negro (en portugués: Orfeu Negro) é un filme de 1959 coproducido entre Francia, o Brasil e Italia dirixido polo director de cinema francés Marcel Camus. Foi rodado en Río de Xaneiro e contribuíu a volver mundialmente famosa a música popular brasileira. Antônio Carlos Jobim e Luiz Bonfá son os autores dos dous temas principais da música que chegaron a ser clásicos da bossa nova e do jazz, A felicidade, de Jobim, e Manhã de Carnaval, de Bonfá.
Orfeo negro | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Orfeu Negro |
Director | Marcel Camus |
Produtor | Sacha Gordine |
Guión | Marcel Camus Vinícius de Moraes Jacques Viot |
Intérpretes | Marpessa Dawn Breno Mello |
Música | Luiz Bonfá Antônio Carlos Jobim João Gilberto |
Fotografía | Jean Bourgoin |
Montaxe | Andrée Feix |
Estudio | Dispat Films (FR) Gemma (IT) Tupan Filmes (BR) |
Estrea | 12 de xuño de 1959 |
Duración | 107 minutos |
Orixe | Brasil Francia Italia |
Recadación | 750 000 (recadación nos Estados Unidos)[1] |
Na rede | |
O filme baséase na obra teatral de 1954 Orfeu da Conceição, do poeta e músico Vinícius de Moraes, e constitúe unha adaptación do mito de Orfeo ao ambiente do carnaval brasileiro.
Foi emitido na TVG o 29 de agosto de 1986.[2]
A bela Eurídice chega ó Río de Xaneiro en vésperas do seu célebre entroido, onde é acollida por unha prima que vive nunha favela da cidade. Achégase aló entre o frenesí da samba polas rúas, nun tranvía conducido por un músico chamado Orfeo, heroe popular do lugar polo poder de sedución das súas cancións, e que se fixa nos seus encantos. A paixón mergullaraos no transo vertixinoso do entroido, que á súa vez os arrastrará a un desenlace fatídico. Como no mito grego, Orfeo, aínda que é capaz de facer levantarse o sol coa súa música e canto, e de embelesar todos os que o ouven, non consegue realizar o seu amor.
Breno Mello era un xogador de fútbol sen experiencia na interpretación cando foi escollido para o papel de Orfeo.[3] Ía camiñando pola rúa no Río de Xaneiro cando o director Marcel Camus o parou e preguntoulle se lle gustaría aparecer nun filme.[4] Da Silva, que interpreta a Morte, foi un atleta de triplo salto que gañou dúas medallas olímpicas en 1952 e 1956.[5]
Marpessa Dawn non era brasileira, senón de Pittsburgh, Pensilvania.[6]
Orfeo negro gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cine de Cannes en 1959[7] e o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa representando a Francia.[8] Tamén gañou o Globo de Ouro e o BAFTA ao mellor filme en lingua non inglesa.
Jean-Michel Basquiat citou Orfeo negro como unha das súas primeiras influencias musicais.[9] Barack Obama escribiu no seu libro de memorias Dreams from My Father (1995) que era o filme favorito da súa nai.[10][11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.