Océano Pacífico
maior masa marítima da Terra / From Wikipedia, the free encyclopedia
O océano Pacífico é o corpo de auga maior e máis profundo das divisóns do océano global terrestre. Esténdese desde o océano Ártico no norte ata o océano Austral (ou, segundo a definición, ata a Antártida) no sur e está limitado polos continentes de Asia e Australia no oeste e América no leste. Esténdese uns 15.500 km desde o mar de Bering, o norte do Ártico, ata as marxes xeadas da Antártida (o mar de Ross ) no sur, alcanzado a súa máxima amplitude E-O aproximadamente a 5 graos de latitude norte, onde se estende por uns 19.800 km, desde Indonesia ata a costa de Colombia. O límite occidental do océano sitúase a miúdo no estreito de Malaca. Cunha área de 179,7 millóns de km² este océano cobre unha terceira parte da superficie terrestre que corresponde a case a metade da superficie e do volume oceánico.[2] O punto de maior profundidade da superficie terrestre, a foxa das Marianas, está situado no Pacífico.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Océano Pacífico | |
---|---|
Localización administrativa | |
Estado | diversos |
Localización xeográfica | |
Continente | Asia, Oceanía, América. |
Xeografía | |
Subdivisións | Pacífico norte Pacífico sur |
Illas interiores | ± 25000 illas |
Características | |
Superficie | 165 700 000 km ² |
Profundiade máxima | 10 911 m Foxa das Marianas (Abismo de Challenger)[1] |
Profundidade media | 4 280 m |
Capacidade | 714 839 310 km ³ |
Mapa | |
Océano Pacífico en azul | |
Ten 707,5 km de fosas, e o 87,8% da súa área presenta profundidades superiores a 3.000 m; é o océano con maior profundidade media (-4.282 m) e onde se localizan as maiores fosas submarinas (foxa das Marianas, con -10,912 m).[1]