Panteón de Roma
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Panteón de Roma ou Panteón de Agripa (en italiano: Il Pantheon) é un edificio relixioso da Roma antiga que, en orixe, foi un templo consagrado a todas as divindades da relixión antiga, e que foi transformado nunha igrexa cristiá no século VII. Foi reconvertido en igrexa cristiá no 608 e adicado á Virxe polo que hoxe é denominado, propiamente, como Basílica de Santa María ad Mártires, aínda que, o seu nome coloquial é Santa María Rotonda. Así, a praza fronte á edificación denomínase Piazza della Rotonda e dá nome a un distrito da cidade.
Panteón de Roma | |
---|---|
Presentación | |
Nome local | Il Pantheon |
Localización | Roma, Italia |
Coordenadas | 41°53′55″N 12°28′37″L |
Estrutura | Pedra |
Estilo | Arquitectura romana |
Tipo | Templo romano |
Propietario | Goberno de Italia |
Uso(s) | Templo |
Construción | |
Inicio | 421 a. C. |
Data da construción | Entre 113 e 124 |
Dimensións | |
Altura | 43'44 m. |
Lonxitude | 54'5 m. |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Apolodoro de Damasco (cúpula) |
É o único monumento do mundo antigo greco-romano que chegou até os nosos días practicamente intacto e é a arquitectura da Roma antiga que mellor conservada está;[1] de feito, o seu uso foi continuo dende que se construíu.
O seu nome vén do grego πάνθειον (pántheion), adxectivo que significa «de todos os deuses», transformado en Pantheon polos autores latinos.
O Panteón está cuberto pola maior cúpula construída na Antigüidade que permanece en pé. O seu diámetro interior é de 43,30 m[2][3] (ou 43,44 m),[4] que segue a ser a máis grande do mundo en formigón de cemento non armado. Despois de case dous milenios, esta notable construción non mostra sinais de debilidade estrutural a pesar da mutilación voluntaria e dos repetidos movementos telúricos.[5] Foi a meirande de Europa occidental até que, en 1436, Filippo Brunelleschi rematou a da catedral de Florencia, que tendo menos diámetro, ten máis altura ao estar lixeiramente apuntada.
Hoxe é propiedade pública e está xestionado polo Ministerio de Bens e Actividades Culturais a través do Museo Central do Lacio.