From Wikipedia, the free encyclopedia
O Papiro Ebers é un dos máis antigos tratados médicos coñecidos. Redactado no antigo Exipto, contra o ano 1500 antes da nosa era, está datado no 8º ano do reinado de Amenhotep I,[1][2][3] da dinastía XVIII. Aínda que outros exiptólogos dan datas máis recentes e citan sobre todo o reinado de Amenhotep III nos séculos XIV ou XV a. C. (data variábel segundo os exiptólogos).[4][5]
Descuberto por Edwin Smith en 1862, na tumba de Assasif, en Luxor, entre os restos dunha momia, comprouno decontado o exiptólogo alemán Georg Moritz Ebers, ao que debe o seu nome e a súa tradución. Actualmente consérvase na biblioteca da Universidade de Leipzig.[6]
É tamén un dos máis longos documentos escritos encontrados do antigo Exipto: mide máis de vinte metros de lonxitude e uns trinta centímetros de alto, e contén 877 parágrafos que describen numerosas enfermidades en varios campos da medicina como a oftalmoloxía, xinecoloxía, gastroenteroloxía etc., e as correspondentes prescricións, así como un primeiro esbozo da depresión nerviosa. Representa tamén o primeiro documento humano que fai referencia ao cancro.
Está escrito en hierático. Consta de 110 páxinas contendo unhas 700 fórmulas maxistrais e remedios.
A farmacopea exipcia da época recorría a máis de 700 substancias, extraídas na súa maior parte do reino vexetal: azafrán, mirra, áloes, follas de rícino, loto azul, extracto de lirio, zume de papoula, resina, incenso, cánabo etc.
O papiro tamén inclúe varios remedios obtidos de insectos e arañas.[7]
Entre as substancias citadas encóntranse tamén po de estatuas, rabos de rato, pelos de gato, ollos de porco, dedos de can, leite de muller, seme humano, ollos de anguía e entrañas de ganso[8] etc.
Contén un "tratado do corazón", no que destaca que o corazón é o centro do sistema sanguíneo, con vasos unidos a cada parte do corpo. Os exipcios describiron o corazón como o punto de reunión de numerosos vasos que transportaban os distintos fluídos como o sangre, as lágrimas, a urina e a esperma.
Tamén ten un capítulo sobre as desordes mentais, no que se recollen trastornos tales como a depresión e a demencia.
Así mesmo contén capítulos de contracepción, diagnóstico do embarazo así como sobre trastornos xinecolóxicos, dermatolóxicos, oftalmolóxicos, odontolóxicos, enfermidades intestinais e parasitarias, uroloxía, e tamén sobre a observación médica de ambos os órganos sexuais. E de tratamentos cirúrxicos de abscesos e tumores, trastornos óseos e queimaduras. Á parte das receitas máxicas dos sacerdotes da deusa Sekhmet, como o texto sobre o leite dunha nai recentemente parida para curar as queimaduras.
Exemplos de remedios tirados do papiro Ebers:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.